lunes, 10 de julio de 2017

Cebola disfrazada de persoa

"Cando eu o conocín xa non tiña nin mal xenio e dedicaba os días á lectura, pois el sempre se tivera por escollido e moi sabido, e a escribir nun tratado de contabilidade en verso que deixou rematado e o orixinal do cal se atopa hoxe en poder do meu bo amigo Xulio Alonso-Losada, de Ourense, con quen o meu tío gustaba moito estar de palique nos últimos tempos. Títulase: La contabilidad por el método argentino al servicio del comercio orensano, gallego, español en general y también de Ribadavia. E un tomiño en octavo, de cento vinte folios, escrito con caligrafía inglesa feita con pluma de coroa e tinta roxa nas capitulares. Na primeira páxina leva o ex-libris, que consiste nunha cebola disfrazada de persoa, con ollos e cabeza, e cunha lenda arrodeándoa que di: "Más mató la cena que curó Avicena"."

Carlos Casares, "Un escritor didáctico", en  Os escuros soños de Clío, ed. do Cerne, 1ª edición, 1979, Santiago, páx. 95-96.

No hay comentarios:

Publicar un comentario