"Había xa catro días que El Liberal dera a noticia na primeira páxina. No "Salon des Frères Montreuil" da capital de Francia, a torpeza dun operador ao manexar sin arte un proxector cinematográfico tiña provocado un incendio xigantesco que en poucos minutos acabara coa vida de mais de cento trinta espectadores. O coengo lectoral referírase ao suceso no sermón do domingo na catedral. Pronunciou palabras apocalípticas sobre aquela espantosa traxedia e acabou establecendo unha oportuna e interesada relación de parentesco entre o braseiro parisino e o lume do inferno."
Carlos Casares. Ilustrísima.Ed. Galaxia, 1980. 3ª edición, novembro 1986, páx. 27-28.
No hay comentarios:
Publicar un comentario