martes, 4 de julio de 2017

O seu seguro curador

"Nestas favorables circunstancias apareceu Frei Luis de Morgade no horizonte real. Despóis de enviar cartas ofrecéndose, un día chegou o frade galego a Madrid, reclamado polo Santo Tribunal. Viñera andando en sinal de penitencia, desde o seu amado convento de Trandeiras, de onde saíra casi dous meses antes. Levaba consigo cartas do Provincial da orde e do bispo da diócesis. Desde terras de Castela recibíu escolta por mandado do propio monarca, que debecía por ver diante ao que xa se anunciaba como o seu seguro curador."

Carlos Casares, "Luís de Morgade, curador de don Carlos II, o Enfeitizado", en  Os escuros soños de Clío, ed. do Cerne, 1ª edición, 1979, Santiago, páx. 29-20.

No hay comentarios:

Publicar un comentario