viernes, 14 de julio de 2017

Dez castiñeiros medrados nun souto pelado



“e o de Farruco o Coxo, que xa anda ben; e o de Antón do Toxal, que vindo da feira víu saír dun boi desmaiado que tiña un porco negro que se foi voando e estourou no aire por riba do Penedo das Sete Espadas; e o de Paio Eanes, que era pobre e lle saíron dez castiñeiros medrados nun souto pelado; e o de Marica da Acea, que era velliña e agora é moza colorada; e o de Antón Soares, que tiña un pozo seco e agora ten a mellor auga do lugar; e o de Felicia de Tralaira, que nunca lle volveu malparir unha vaca que lle tiñan mirado; e o de Fiz o Carpinteiro, que lle tirou do corpo un catarro vello; e o de Xohán Tabeirós, o fidalgo toliño de Mogueimes, que volve falar polo dereito; e o do xastre de Grou, que tivo novas dos seus mortos e o seu pai lle pedíu oracións para se desprender dun frío do pasamento e que o facía padecer en demasía nas longas noites xeadas de acolá.”

Carlos Casares, “San Pedro Novo”, de  Os escuros soños de Clío, edicións do Cerne, Santiago, 1979, páx. 117.

No hay comentarios:

Publicar un comentario