domingo, 2 de julio de 2017

Clío

"En 1979 Casares sorprende cos relatos de Os escuros soños de Clío, (...). Na miña opinión, (...) sería unha obra de transición, o divertimento dun autor á procura dunha voz e un rexistro persoais. Porén, o xogo do apócrifo e o diálogo cos clásicos universais (de Borges a Calvino pasando por Cunqueiro) ao que Casares se entrega gozosamente nestas páxinas vai máis alá de si mesmo e estrea unha modalidade discursiva que non fará máis que consolidarse na narrativa galega dos anos seguintes."

Dolores Vilavedra, "A singularidade literaria de Carlos Casares", na Revista Grial, nº 213, xaneiro-marzo 2017, páx. 50.

No hay comentarios:

Publicar un comentario