"Hai unha hora, cando estaba no salón, abrín a ventá pequena para que marchase o fume da cheminea, pero axiña me decatei de que arrefriaba a casa e non conseguía avivecer o lume."
Carlos Casares. Un polbo xigante. Editorial Galaxia, 2000. Páx. 4. Ilustracións de Luis Castro
Enjamio.
No libro, botando man dun poderoso xogo de realidades e apariencias, cóntase a
historia dun neno que ve como un polbo xigante afoga a Nicolás, o criado do seu
pai, que desaparece no mar, cando estaba con el a pescar. Inicialmente, o rapaz
parece debaterse entre o racionalismo do seu pai, que nega a existencia de
tales animais, e as crenzas, asumidas con devoción, da criada Delfina.
De ambiente marítimo, con topónimos ben evocadores (Bueu, A Illa, Cabo Udra, a Praia dos Ingleses, etc), Carlos Casares recrea aquí enigmáticas e misteriosas historias do mar, a medio camiño entre a realidade, a crenza, o mito e a lenda, abordando temas como a infancia, a vida ou a morte, e conseguindo que o mar, omnipresente (auténtico protagonista do libro) se lle introduza ao lector ata a última liña das entrañas, con todo o seu sabor salitroso."
Fran Alonso. “A obra infantil de Carlos
Casares”. Revista de Estudios Miñoranos. Consultado na rede: en Centro de
documentación da Asociación de escritores/as galegos. (22/12/2016)
CARLOS CASARES: LETRAS GALEGAS 2017
No hay comentarios:
Publicar un comentario