lunes, 2 de enero de 2017

A galiña azul (1968)

"Vivías nunha casa que daba fronte a unha rúa luminosa e longa. Polas mañás, cando eu saía do colexio, ti estabas case que sempre xogando no balcón.  Eu pasaba pola acera, facendo que non te vía, ata que ti, ao me descubrir, púñaste a berrar: "¡Tatá, Tatá!" Ti empezabas a dar saltos porque xa sabía que te ía buscar para ver como facía o garda de tráfico."

Carlos Casares, A galiña azul, coleción Árbore-Os Duros, ed. Galaxia, 2014, páx. 5

EDICIÓNS

-1968: editada por Galaxia con ilustracións de 4 nenos: Trichi, Ilda, Mima e Alberto García Alonso; fillos de Xohán Ledo (Ricardo García Suárez).
         1979: 3ª edición
         1983: 4ª edición 


-1988: colección Tartaruga, nº 18 (Galaxia), con ilustracións de Garcia Alonso.



-1991: colección Árbore, nº 34 (Galaxia), serie laranxa, con ilustracións de Xan López Domínguez.



       2003: 2ª ed, 1ª impresión colección Árbore, nº 34 (Galaxia),



-2007: colección Árbore-Os Duros (Galaxia). Cos debuxos da 1ª edición. unha nova edición en tapa acartonada.
                        impresión no 2014.


"A galiña azul é pois o primeiro volume narrativo infantil de Carlos Casares e supuxo o arranque da modernización da Literatura Infantil e Xuvenil galeg. Nel están xa presentes temas e motivos que se converteron en recorrentes na escrita de Casares, que se poden resumir na crítica da inxustiza en calquera das súas manifestacións (autoritarismo, prepotencia e violencia) ou o apoio aos débiles".

Blanca-Ana Roig Rechou (coord.), Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Ed. Xerais, 2015, páx. 94 

                              CARLOS CASARES: LETRAS GALEGAS 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario