domingo, 8 de enero de 2017

O galo de Antioquía (2003)

"O día 2 de xullo do ano 1645, a media mañá, a Praza Maior de Xinzo de Limia desbordaba de xente. Desde a véspera empezaran a chegar á vila centos de persoas das aldeas de arredor, aproveitando case todos as últimas horas da tarde para fuxir da calor abafante, máis ben pesada e húmida, que levaba dúas semanas pairando como un corvo sobre a chaira sen fin da Limia. Desde mediados do mes de xuño, ó mesmo tempo que empezaban as tormentas, non corría ese ventiño fresco que entra sempre polo río no solpor e que volve tan agradable as noites quentes do verán. De todos os grupos que enchían a praza, o máis numeroso estaba formado por unha representación dos veciños da parroquia de Sabucedo, todos compostos e calados, á fronte dos cales se encontraba o señor abade." 

                   Carlos Casares. O galo de Antioquía. Ed. Galaxia, Vigo, 2003, páx.10.

EDICIÓNS:
-1994: 1ª edición, Santiago, Castromil, colección "Contos do Castromil".

-2002: 2ª edición, no caderno "Lethes", Centro de Cultura Popular da Limia.

-2003: 3ª edición, edicións Galaxia, Vigo. Con ilustracións de Andrés Meixide.

                       CARLOS CASARES: LETRAS GALEGAS 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario