escritor
-1973: As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas,
gaña o I Premio de Teatro para
nenos da Asociación O Facho. Ed. Galaxia.
-1983: O
can Rin e o lobo Crispín. Ed. Galaxia.
-1991: -Este é Toribio. Ed. Galaxia.
-Toribio contra o profesor
Smith. Ed. Galaxia.
-Toribio e o contador de contos. Ed. Galaxia.
-Toribio e o contador de contos. Ed. Galaxia.
-1992: -Toribio ten unha idea. Ed. Galaxia.
-1994: - Toribio revoluciona o tráfico. Ed.
Galaxia.
-1996: Lolo anda en bicicleta. Ed.
Galaxia.
-2000: Un polbo xigante. Ed. Galaxia.
-2003 O galo de Antioquía. Ed. Galaxia.
tradutor
-1972: traduce ao galego Le Petit Prince de Antoine de
Saint-Exupéry. Ed. Galaxia.
-1979: Para a editora Altea versiona tres libros
da colección “Sendoa/Os primeiros libros dos nenos”, da autoría de José Luís
García Sánchez e de Miguel Ángel Pacheco: Eu son un neno, Eu
son un peixe e Eu son un paxaro.
-1983: -Para a editora Argos Vergara, coleccións “O
dragón vermello” e “Os libros da gata”:
contos de autores contemporáneos cataláns dirixidos a primeiros lectores: Güenkel e Kunka-ta de Ricardo Alcántara, A cidade das estrelas de
Mercé Company, Trasnocubernafres de Ester Jaume, Globo de lúa chea de
Mercé Canela, O can e a anduriña
de Ricard Creus e ¡Que día máis
negro! de Helena Trias.
-Tamén
traduce obriñas de escritores clásicos adaptados por escritores actuais,
coma O rei Lear según a obra de William Shakespeare (en
versión de José Luís Giménez Frontín) e A lúa dos
irmás Grimm (versionada por Francesc d’Assis Sales).
- Bestiario fantástico, de Joan Manuel Gisbert. Ed.
Arcos Vergara. 1983.
-1989: traduce ao galego a obra da escritora sueca Maria Gripe Os escaravellos
voan á tardiña. Ed. Galaxia.
editor
-1986: accede á dirección xeral da editorial Galaxia levando
a cabo a súa meirande aportación á edición de literatura infantil e xuvenil:
consolida as coleccións xa existentes: “A Chalupa” e “Tartaruga”, e mantén a
colaboración coa editorial SM para traducir ao galego obras da súa colección “O Barco de Vapor”; en
1988 crea a colección “Árbore” (que renova e substitúe ás xa existentes) dividíndoa
en franxas por idades. En 1989 títulos da colección “Gran Angular” de SM
tradúcense ao galego. En 1997 crea outra das insignias da editora, ‘Costa
Oeste’, conxunto de libros especialmente pensados para o público xuvenil.
Publica múltiples libros de clásicos da literatura xuvenil en galego.
CARLOS CASARES: LETRAS GALEGAS 2017
No hay comentarios:
Publicar un comentario