"ANXA: (dende dentro, berrando) ¡Ai, Elías! ¿Pásache algo?
ELÍAS: (choroso e berrando tamén) Non, prenda. É que saíron laranxas no limoeiro...
ANXA: ¿Laranxas no limoeiro?
ELÍAS: Si, e moi grandes.
ANXA: Serán limóns...
ELÍAS: Non. Son laranxas."
Carlos Casares, As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas. Ed. Galaxia, colección árbore/galaxia nº 159, Vigo, 2009, páx. 14.
EDICIÓNS
-1973. 1ª ed. Ilustracións de Luís Seoane.
2009: 2ª edición
nesta colección
ALGUNHAS REPRESENTACIÓNS DA OBRA:
-Foi estreada o 27 de maio de 1973 polo grupo teatral O Facho na clausura da I Mostra de Teatro Galego de Ribadavia. Tamén se presentou na Coruña, a cargo do mesmo grupo, os días 2 e 9 de xuño.
-O 6 de agosto de 1973 foi representada n´A Rúa (Ourense) polo grupo Os Cigurros.
-No ano 2014 o Centro Dramático Galego fai unha nova adaptación.
“A aposta do autor por mergullarse
nun xénero tan pouco frecuentado como o do teatro infantil, sitúa a Carlos Casares
no comezo do desenvolvemento do teatro infantil en galego.
A liña do elemento fantástico de “A galiña azul” atopará continuación nesta obra infantil de Casares, que mestura a fantasía disparatada co absurdo nunha obra teatral para nenos que se fixo moi popular logo de gañar o Concurso de Textos Teatrais O Facho 1973. Pero aquí, a fantasía perde relevancia ante o absurdo ou, mellor dito, ponse a súa disposición. Casares herda neste texto infantil, o espírito do Teatro do Absurdo que se desenvolveu na europa dos 50 e dos 60, encabezado por Samuel Beckett, e que se situaba nun plano de rexeitamento do teatro realista, desmontando as estructuras da linguaxe, da lóxica e da conciencia convencionais.
Fran Alonso, “A obra infantil de Carlos Casares”. Revista de Estudios Miñoranos. Consultado na rede: en Centro dedocumentación da Asociación de escritores/as galegos. (22/12/2016)
No hay comentarios:
Publicar un comentario