Carlos Casares. Lolo anda en bicicleta. Colección No País dos Contos, editado polo xornal El País, Madrid, 2007, páx. 8
EDICIÓNS:
-1996,
novembro: 1ª edición, Galaxia, Colección Bambán, nº1. Con ilustracións de Manuel Uhía,
que foi
galardonado en 1997 co Premio Rañolas ao mellor libro ilustrado do ano.
- 1992: neste ano apareceu unha primeira versión co título "Lolo aprende a andar en bicicleta" no segundo volume do libro Os contos da campaña (1992) con motivo da VII Campaña de Fomento da Lectura organizada pola Xunta de Galicia.
-2004,
agosto: 2ª edición: Galaxia, colección Árbore, nº 1. Coas ilustracións de Manuel Uhía, aínda que mudando a imaxe da capa.
2007, decembro: 3ª edición, idéntica á do ano ano 2004, neste caso editada polo xornal El País en colaboración con Galaxia, inaugurando a colección "No País dos Contos".
TRADUCIÓNS
-La bicicleta
de Lolo. Ed. Bromera, Alzira, 1996. Tradución ao valenciano de Avel.lí
Llinac. (Existe outra edición do mesmo ano na editorial de Valencia: Tándem)
-Lolo va
en bicicleta. Ed. La Galera, Barcelona, 1996. Tradución ao catalán de Jordi
Vidal.
-Lolo
bizikletan dabil. Ed. Elkar, San Sebastián, 1996. Tradución ao euskera de
Joxantonio Ormazabal.
-Lolo
anda en bicicleta. Ed. La Galera, Barcelona, 1998. Tradución ao catalán de
Blanca Cassany. . (Existe outra edición de 1996 na editorial de Valencia:
Tándem)
ADAPTACIÓN TEATRAL
-2010: A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia fai unha adaptación teatral baixo o título: "Lela anda en bicicleta".
"...Casares deu a lume o conto Lolo anda en bicicleta que inaugurou a colección "Bambán". Nel nárrase como o neno protagonista supera a súa desilusión por non recibir como agasallo de Reis unha bicicleta ao romper a distancia co mundo adulto dos pais. Esta contraposición adultos/infancia acentúase a través da ollada humorística e paródica, que serve para ridiculizar as actitudes e incapacidades dos maiores fronte á destreza do neno protagonista, e premiar o esforzo, a valentía e a obediencia, coma nos mellores contos clásicos."
CARLOS CASARES: LETRAS GALEGAS 2017
No hay comentarios:
Publicar un comentario