O can Rin. Ilustración de Pedro del Llano |
"Unha vez era un can que se chamaba Rin. Era un can grande e forte, aínda que xa un pouco vello. De novo, fora o can máis valente de dez parroquias arredor e contábase del, ademais, que era moi listo. Sabía sumar, recitaba poesías en portugués e daba os saúdos en cinco idiomas diferentes."
Carlos Casares, O can Rin e o lobo Crispín. Ed. Galaxia, Vigo, 1983, páx. 3
EDICIÓNS
-1983: Ed. Galaxia: colección A Chalupa, nº 5. Galaxia.. Ilustracións de Pedro del
Llano.
-2005: Ed. Galaxia: Colección Árbore-Os Duros, nº 1005. Mantén as ilustracións de Pedro del
Llano.
TRADUCIÓNS
-El perro Rin y el lobo Crispín. Tradución ao castelán de Mª Victoria Moreno. Barcelona. La Galera, 1983.
-El perro Rin y el lobo Crispín. Tradución ao castelán de Mª Victoria Moreno. Madrid. Hyspamérica, 1985.
-El gos Tupí i el llop Crispí. Tradución ao catalán de Ángel Serra Costa. Barcelona. La Galera, 1987.
-Rin eta Krixpin. Tradución ao euskera de Joxantonio Ormazabal. Barcelona, La Galera, 1983.
-Rin eta Krixpin. Tradución ao euskera de Joxantonio Ormazabal. San Sebastián, Elkar, 1986.
-Toupi ar c´hi ha Krispi ar bleiz: marvailh. Tradución ao bretón de Beatris Jouin. Kemper. Kerdrezeg, 1989.
-Su cane Rubino e su lupu Crispinu. Tradución ao italiano de Diegu Corraine. Nuoro. Papiros, 1989.
“ nese 1983 Casares aproveita para retomar o seu labor como autor, dando ao
prelo unha sinxela obriña, O can Rin e o lobo Crispín, que será o quinto
volume da nova colección de Galaxia para os máis novos, ‘A Chalupa’, tamén
estreada ese ano como resposta ás novas necesidades xeradas. Nel volven
aparecer os elementos característicos da escrita infantil casariana, aínda que
adquire un relevo especial o pouso da cultura galega tradicional e dos seus
contos populares. Co protagonismo destes dous animais falangueiros, péchase,
segundo o meu parecer, o mellor Casares escritor de textos para o lectorado en
formación.”
Montse Penas Presas. “Carlos Casares, tradutor diverso e editor entregado
de literatura infantil e xuvenil” Actas Simposio Carlos Casares. Fundación
Carlos Casares, 2009, páx. 205
CARLOS CASARES: LETRAS GALEGAS 2017
No hay comentarios:
Publicar un comentario