martes, 31 de enero de 2017
lunes, 30 de enero de 2017
domingo, 29 de enero de 2017
sábado, 28 de enero de 2017
Unha promesa
"Perdóoche a vida -dixo o can-, se fas unha promesa. Que o día da festa de Beiro vaias á aldea á saída da misa e que diante de todo o mundo lambas unha ovella.
-Lamber unha ovella?- preguntou Crispín.
-Lamber unha ovella -contestou o can.
-Moito me pides -protestou o lobo.
-Elixe -díxolle o can.
-Elixido está -dixo o lobo."
Carlos Casares, O can Rin e o lobo Crispín, ed. Galaxia, colección árbore, 2005, páx.26-27
viernes, 27 de enero de 2017
Valente sancristán
"O lobo Crispín, que ata aquel momento non lle fixera ningún caso ao can, empezou a rir ás gargalladas e a amparar a barriga coas mans do riso que lle daban as palabras do Rin. Despois dixo:
-Mira ti quen foi falar! O can do cura de Beiro! Valente sancristán es ti, lambón! Quita de aí, que che dou unha dentada no cu que te deixo sentado polos días que che quedan de vida, alpabarda!
O can púxose aínda máis serio do que estaba e volveulle dicir:
-Eu avísote!"
Carlos Casares, O can Rin e o lobo Crispín, ed. Galaxia, colección árbore, 2005, páx.23
jueves, 26 de enero de 2017
O Noso Pai ao revés
"Xa no camiño, o can fíxoo rir coa historia de don Cirilo, o cóengo de Burgos que quería ser monxa, e cun conto que lle escoitara ao señor abade de Beiro sobre uns senvergonzas que andaban polas terras de Ourense convertendo a auga en viño a base de rezar o Noso Pai ao revés. Íalle falando precisamente deste sucedido cando atravesaban a fraga de Liñares e nesto que, de súpeto, o cabalo se puxo de pé, rinchando todo asustado, como se vise unha cousa do outro mundo. A continuación oíuse un renxer terrible entre a follaxe do bosque e diante deles apareceu unha masa escura e grande, como un boi.
-Crispín! É Crispín! Estamos perdidos! -berrou o médico."
Carlos Casares, O can Rin e o lobo Crispín, ed. Galaxia, colección árbore, 2005, páx.18
miércoles, 25 de enero de 2017
E se sae Crispín?
"Entón o que pasa -dixo o can- e que vostede ten medo. Está ben. Pero non se preocupe que eu lle podo entreter o camiño con historias e con cantos, que os sei moi bonitos, ata un moi chocante que lle oín contar ao señor bispo de Ourense, cando era o meu amo, sobre un cóengo de Burgos que quería ser monxa.
-E se sae Crispín? -preguntou o médico.
-E quen é Crispín?- preguntou o can."
Carlos Casares, O can Rin e o lobo Crispín, ed. Galaxia, colección árbore, 2005, páx.14
martes, 24 de enero de 2017
Tronada con moita auga
"Aquel mesmo día pola tarde prediciu que ía vir unha tronada con moita auga e moito raio e que conviña meter o gando nas cortes, e pola noite andou de porta en porta preguntando polas casas se cumpría a súa axuda para calquera cousa. Necesitaron del no lugar de Tralaira, porque unha veciña se puxera mala. El soíño, sen guía nin axuda, foi buscar o médico de Amoeiro."
Carlos Casares, O can Rin e o lobo Crispín, ed. Galaxia, colección árbore, 2005, páx.8
lunes, 23 de enero de 2017
O leite no lume
"Como o can tiña esa graza de saber rezar, os de Burgos regaláronllo ao señor bispo de Ourense, que foi o seu amo durante cinco meses. Ao cabo dese tempo, o can Rin empezou a dicir animaladas e pecados, que polo visto lle aprendía un sancristán, e que asustaban e incomodaban as visitas. Por iso o señor bispo llo regalou ao abade de Beiro, co encargo de que lle aprendese educación e que non escandalizase ao vecindario.
En Beiro, o Rin nunca deu mal que falar. Nada máis chegar á súa nova casa, xa lle fixo un favor á irmá do señor cura: avisouna de que o leite se ía verter no lume."
Carlos Casares, O can Rin e o lobo Crispín, ed. Galaxia, colección árbore, 2005, páx. 6
domingo, 22 de enero de 2017
O quiquiriquí das doce
"Non lle deu demasiado tempo porque nese preciso instante escoitou o estralido do lume ó prender nas xestas e nos garabullos, nunha especie de forno que fixeran debaixo da leña gorda. Tamén escoitou berros e algúns aplausos. Un dos que aplaudían era o sacristán de Penín. Doeulle porque lle tiña afiado unha serra tres ou catro veces, sen cobrarlle nunca nada. (...)
Nuns poucos segundos xa se decatou de que voaba. Cando foi consciente do que estaba pasando, bateu as alas para confirmar a sospeita, deu dúas voltas arredor da praza, situouse na parte onde estaban os nenos para facer un par de monadas e logo saíu en dirección de Sabucedo. Tiña que apurar e voar con forza se quería chegar ó campanario de Antioquía e cantar o quiquiriquí das doce."
Carlos Casares, O galo de Antioquía, ed. Galaxia, 2003, páx. 38.
sábado, 21 de enero de 2017
Sobre a leña
"A procesión entrou na Praza Maior de Xinzo pasadas as once. Arroupado polos seus fregueses, don Marcelino caeu de xeonllos con eles e rezou un responso. Cando ergueu os ollos, viu o ferreiro todo vestido de branco. (...)
Subido sobre a leña, o ferreiro miraba para a xente e saudaba os coñecidos. Cando reparou nos veciños de Sabucedo, sorriu, e como levaba as mans atadas, acenou cos ollos. (...) Polos ollos azuis, arrasados en bágoas, recoñeceu a Balbina de Ganade, trinta anos sen vela, un amor arruinado por un pai terco e soberbio, moi amigo do señorío de Xinzo. Foi o único momento en que o ferreiro se puxo triste."
Carlos Casares, O galo de Antioquía, ed. Galaxia, 2003, páx. 36.
viernes, 20 de enero de 2017
Daquela historia
"Un par de horas máis tarde, de volta no prado, nin o ferreiro nin o cura volveron falar daquela historia. Percorreron o camiño ata Sabucedo os dous calados, a penas empregando as palabras indispensables para dicir adeus ó despedirse. Catro días despois, presentouse a xustiza na casa. Prenderon o ferreiro a eso das doce, e ás catro da tarde xa estaba en Xinzo, pechado na adega da rectoral."
Carlos Casares, O galo de Antioquía, ed. Galaxia, 2003, páx. 34.
jueves, 19 de enero de 2017
Un potente quiquiriquí
"O primeiro en baixar foi o señor cura, ó que non tardou en seguir o ferreiro. Durante uns minutos seguiron baixando. Chegaron logo a un descanso, aproximáronse a unha varanda de pedra e desde alí viron a cidade, un conxunto apretado de rúas estreitas e longas e dúas prazas bastante grandes, redonda a da igrexa, cadrada a outra, esta formada por catro edificios nobres. O ceo era transparente, como se o aire estivese metido dentro dunha burbulla. Entre eles e o campanario interpúñase un foxo enorme, sen fondo. Entón falaron a primeira vez. O cura limitouse a dicir: "O que che dicía eu, Antonio: a cidade de Antioquía". Cando se volveu para mirar o ferreiro, este estábase convertendo nun galo. Uns segundos máis tarde, xa o viu revoar arredor do campanario. Finalmente, pousado no mastro de ferro, no alto da torre, lanzou un potente quiquiriquí que ó rebotar contra a bóveda de auga caeu sobre a cidade como unha chuvia de música. Foi entón cando se abriron as ventás e as rúas se encheron de xente."
Carlos Casares, O galo de Antioquía, ed. Galaxia, 2003, páx. 32.
miércoles, 18 de enero de 2017
Nun buraco escuro e longo
"Desta vez, víase o campanario no fondo, pero tamén unha praza redonda, rodeada de casiñas pequenas, todas con tellado vermello a dúas augas e ventás pintadas de verde. Dun dos lados da praza saía unha rúa estreita, toda empedrada, pero a auga estaba tan toldada daquel lado que era imposible saber en que lugar remataba. Por un clariño que se observaba uns metros máis alá, divisábase unha rúa perpendicular a aquela, con soportais e tres ou catro construccións de luxo, quizais con escudo na fachada. De pronto, naquel mesmo claro fíxose un remuíño que empezou a rousar como a roda dun carro, primeiro lento e pousona, despois moi rápido. Conforme ía aumentando a velocidade, o remuíño tamén se achegaba á beira da auga. Nuns instantes situouse diante do cura e do ferreiro, que viron como se abría ós seus pés nun buraco escuro e longo, eso si, non moi empinado e con escaleiras."
Carlos Casares, O galo de Antioquía, ed. Galaxia, 2003, páx. 32.
martes, 17 de enero de 2017
Ata a beira da lagoa
"Despois quedou medio adurmiñado ata que ordenou de volver ó prado da Acea. Cando estaba chegando, escoitou detrás os pasos apresurados de alguén que andaba correndo, volveuse para comprobar que pasaba e viu a don Marcelino sen moitos folgos, que lle facía sinais coa man de que agardase por el. Xa xuntos os dous, o cura díxolle que saíra dar un paseo. O ferrerio riu para si e seguiron andando. Nese momento empezou a escoitarse a campá. En silencio, sen querer mirar un para o outro, dirixíronse ata a beira da lagoa."
Carlos Casares, O galo de Antioquía, ed. Galaxia, 2003, páx. 30.
lunes, 16 de enero de 2017
Entre bocado e bocado
"Entón, entre bocado e bocado, case rindo de contento, púxose a contar o que vira a véspera cando andaba traballando no prado da Acea, á beira mesma da lagoa. Describiu moi ben o campanario, que pintou como se fose a Torre da Forxa, aínda que redonda, e falou con moito mimo do mastro de ferro que coroaba a punta. Sen deixar de revolver coa culler a taza de chocolate, a segunda que lle mandaba aquela mañá, don Marcelino dixo con naturalidade: "Ese é o campanario da igrexa da cidade asolagada de Antioquía, que se pode ver tres veces ó ano. Aínda tiveches sorte, amigo Antonio"."
Carlos Casares, O galo de Antioquía, ed. Galaxia, 2003, páx. 30
domingo, 15 de enero de 2017
Debaixo do alpendre
"Tampouco pensaba contar nada do que vira a noite anterior na beira da lagoa.
Cando entrou no patio da rectoral, o ferreiro soubo que había visita: o cabalo do abade da Gorgoloza estaba atado polo cabestro debaixo do alpendre. Subiu rápido as escaleiras de pedra e antes de que lle dese tempo a petar, xa abriu a porta don Marcelino."
Carlos Casares, O galo de Antioquía, ed. Galaxia, 2003, páx. 24
sábado, 14 de enero de 2017
Limpa e longa
"Ó chegar ó alto da Fontemoura, decatouse de que os toques lle subían a el polos pés, aínda que xa moi pequenos e gastados. Deu uns pasos cara a atrás, desandando o camiño, e notou que os sentía con máis forza. Conforme ía avantando cara á lagoa, a sensación era cada vez máis intensa. Ó chegar á beira, a campá soaba igual que un vaso de cristal, limpa e longa, como se saíse da auga. Entón foi cando descubriu o campanario. Víase alá no fondo, clariño como se fose de día, cuberto por unha transparencia liquida que a luz da lúa ía volvendo pouco a pouco dunha intensidade leitosa e metálica. Era un campanario só, sen igrexa, máis alto cá Torre da Forxa, aínda que tamén moito máis estreito, redondo e rematado por una mastro de ferro. Cando trataba de pescudar detalles, ennegreceu a noite de pronto e xa non se viu nada."
Carlos Casares, O galo de Antioquía, ed. Galaxia, 2003, páx. 22
viernes, 13 de enero de 2017
Un toque de campá
"Mandoulle despois un par de bocados ó codelo de pan de Cea, gardou silencio mentres engulía e despois rompeu a falar. (...)
Pola tarde baixou ata o prado da Acea, que tiña na beira mesma da lagoa, algo máis abaixo do Toxal, e andou limpando uns regos co rodo. Cando volvía de retirada, xa a punto de empezar a notiña, escoitou un toque de campá. Estrañado pola hora, pois había tempo que na igrexa xa tocaran ás ánimas, pensou se sería algunha parroquia de lonxe que ía con retraso. Acordouse de que o sancristán de Porqueira se engolfaba mais da conta na taberna."
Carlos Casares, O galo de Antioquía, ed. Galaxia, 2003, páxs. 18 / 22
jueves, 12 de enero de 2017
O susodito puxera un ovo
"A primeira foi que un día se correu pola parroquia adiante o rumor de que o susodito puxera un ovo. (...) Era máis ben pequeno, non exactamente de paxaro, pero tampouco de galiña, igual que aqueles que a súa nai chamaba "ovos de galo".
(...) Pasada unha semana, unha tarde, cando viña de apañar unha pouca ferraña dunha cortiña, ó pé mesmo da lagoa de Antela, pouco antes de chegar a casa sentiu unha dolor forte nos cadrís, que en primeira instancia atribuíu ó peso do feixe que cargaba, pero que logo advertiu que novamente se trataba dun asunto de poñer. Volveu á horta, colocouse no sitio de sempre, escoitou o mesmo estrondo da vez anterior, comprobou o resultado e descubriu que se trataba do mesmo. Desta vez, o ovo era un pouco máis grande, de casca morena e con pintiñas azuis, dos que o seu pai chamaba "ovos de serpe".
Carlos Casares, O galo de Antioquía, de. Galaxia, 2003, páx. 14.
miércoles, 11 de enero de 2017
Unha circusntancia feliz
"Unha circunstancia feliz, o feito de que lle tocaran en concurso de méritos dúas parroquias tan próximas, afondou as raíces da relación. Entre Sabucedo e A Gorgoloza ían e viñan constantemente as bestas, ás veces cargadas con presentes dun para outro, xeralmente cousas de comer, guiadas polo cabestro por caseiros e criados, en moitas ocasións tamén cos curas a cabalo."
Carlos Casares, O galo de Antioquía, ed. Galaxia, 2003, páx. 12
martes, 10 de enero de 2017
Igual que se unha vaca se desprendese do teito
"A don Marcelino conmoveuno a tristeza do insultado e ofreceuse para prestarlle a axuda que necesitara. Aquela noite, a un seminarista da Peroxa, que fora o responsable, á hora de durmir, canda xa apagara a lámpada e estaba ben acochado entre as sabas, alguén lle zorregou unhas labazadas grandes e pesadas, igual que se unha vaca se desprendese do teito e lle caese por riba."
Carlos Casares, O galo de Antioquía, ed. Galaxia, 2003, páx. 12
lunes, 9 de enero de 2017
Un anaco de pan
"Este cura, don Marcelino López Alemparte, natural das terras veciñas de Mogueimes, era o responsable involuntario daquela concentración. (...) Pasaba case todos os días do ano de rectoral en rectoral, incapaz de permanecer na súa casa nunca máis dunha semana enteira sen saír. Se non había enterro ou novidade nas parroquias veciñas, selaba o cabalo, collía un anaco de pan e un chourizo de carne, colgaba unha bota de viño, e alá ía, ás veces lendo o breviario, a visitar os seus compañeiros da comarca. Tiña debillidade polo cura da Gorgoloza, don Luís Romasanta, unha flor de pitiminí, de falas medio amariconadas, co que sen embargo se levaba moi ben."
Carlos Casares, O galo de Antioquía, ed. Galaxia, 2003, páx. 10.
domingo, 8 de enero de 2017
O galo de Antioquía (2003)
"O día 2 de xullo do ano 1645, a media mañá, a Praza Maior de Xinzo de Limia desbordaba de xente. Desde a véspera empezaran a chegar á vila centos de persoas das aldeas de arredor, aproveitando case todos as últimas horas da tarde para fuxir da calor abafante, máis ben pesada e húmida, que levaba dúas semanas pairando como un corvo sobre a chaira sen fin da Limia. Desde mediados do mes de xuño, ó mesmo tempo que empezaban as tormentas, non corría ese ventiño fresco que entra sempre polo río no solpor e que volve tan agradable as noites quentes do verán. De todos os grupos que enchían a praza, o máis numeroso estaba formado por unha representación dos veciños da parroquia de Sabucedo, todos compostos e calados, á fronte dos cales se encontraba o señor abade."
Carlos Casares. O galo de Antioquía. Ed. Galaxia, Vigo, 2003, páx.10.
EDICIÓNS:
-1994: 1ª edición, Santiago, Castromil, colección "Contos do Castromil".
-2002: 2ª edición, no caderno "Lethes", Centro de Cultura Popular da Limia.
-2003: 3ª edición, edicións Galaxia, Vigo. Con ilustracións de Andrés Meixide.
CARLOS CASARES: LETRAS GALEGAS 2017
sábado, 7 de enero de 2017
Un polbo xigante (2000)
"Hai unha hora, cando estaba no salón, abrín a ventá pequena para que marchase o fume da cheminea, pero axiña me decatei de que arrefriaba a casa e non conseguía avivecer o lume."
Carlos Casares. Un polbo xigante. Editorial Galaxia, 2000. Páx. 4. Ilustracións de Luis Castro
Enjamio.
viernes, 6 de enero de 2017
Lolo anda en bicicleta (1996)
"Como consecuencia do desgusto, aquel ano, ao pobre Lolo, en vez da bicicleta que pedira, os Reis botáronlle carbóns."
Carlos Casares. Lolo anda en bicicleta. Colección No País dos Contos, editado polo xornal El País, Madrid, 2007, páx. 8
EDICIÓNS:
Carlos Casares. Lolo anda en bicicleta. Colección No País dos Contos, editado polo xornal El País, Madrid, 2007, páx. 8
EDICIÓNS:
-1996,
novembro: 1ª edición, Galaxia, Colección Bambán, nº1. Con ilustracións de Manuel Uhía,
que foi
galardonado en 1997 co Premio Rañolas ao mellor libro ilustrado do ano.
- 1992: neste ano apareceu unha primeira versión co título "Lolo aprende a andar en bicicleta" no segundo volume do libro Os contos da campaña (1992) con motivo da VII Campaña de Fomento da Lectura organizada pola Xunta de Galicia.
jueves, 5 de enero de 2017
"Toribio" (1991-1994)
"Este é Toribio. Ten oito anos e fai inventos"
Carlos Casares. Este é Toribio. Ed. Galaxia, colección Árbore-Primeiros lectores, 1991, páx. 3
Con ilustracións de Penélope Ares.
A serie consta de cinco libros publicados ao longo de tres anos, todos eles con ilustracións de Penélope Ares. Son os seguintes:
-Este é Toribio. Ed. Galaxia, colección Árbore-Primeiros lectores, 1991.
-Toribio contra o profesor Smith, Ed. Galaxia, colección Árbore-Primeiros lectores, nº 38, 1991.
Carlos Casares. Este é Toribio. Ed. Galaxia, colección Árbore-Primeiros lectores, 1991, páx. 3
Con ilustracións de Penélope Ares.
A serie consta de cinco libros publicados ao longo de tres anos, todos eles con ilustracións de Penélope Ares. Son os seguintes:
-Este é Toribio. Ed. Galaxia, colección Árbore-Primeiros lectores, 1991.
-Toribio contra o profesor Smith, Ed. Galaxia, colección Árbore-Primeiros lectores, nº 38, 1991.
miércoles, 4 de enero de 2017
O can Rin e o lobo Crispín (1983)
O can Rin. Ilustración de Pedro del Llano |
"Unha vez era un can que se chamaba Rin. Era un can grande e forte, aínda que xa un pouco vello. De novo, fora o can máis valente de dez parroquias arredor e contábase del, ademais, que era moi listo. Sabía sumar, recitaba poesías en portugués e daba os saúdos en cinco idiomas diferentes."
Carlos Casares, O can Rin e o lobo Crispín. Ed. Galaxia, Vigo, 1983, páx. 3
EDICIÓNS
-1983: Ed. Galaxia: colección A Chalupa, nº 5. Galaxia.. Ilustracións de Pedro del
Llano.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)