"Conque mi madre con sete duros da viuvedade que non chegaban a un dente púxose aínda máis a cismar na volta a Auria que quedáralle unha cachoupiña cun resío de horta perto da Ponte dos Pelamios, e criar pitas e un marrello pra cebote, que endexamais se afixera en Madrid, nin en Alxeciras, nin en Alcántara ( e aínda menos en Ceuta, onde chorou a cotío ano e medio), como si non houbera pitas nin marraus nas outras bandas do mundo, e cando acadou telos eiquí deixou de nifrar por mi padre e de falar do Alixio como si tivese nascido de novo, e púxolle ás pitas nomes de cristiáns e ó porquiño chamáballe Algabeño, e ó galo Canalejas."
Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "Os Biosbardos", páx. 9
No hay comentarios:
Publicar un comentario