domingo, 27 de abril de 2014

Silgar, en inverno...

Silgar, en inverno,
é un paxaro escuro
penetrado de loito
que fuxe do sol cara a penumbra
e retorna, como Ícaro, ferido e mutilado.
Silgar en inverno, de noite,
estremece entre as ondas e o vento
que acosa impaciente os pequenos cantís
e arrastra a area, mar adentro,
para deixar a semente da morte
lonxe da praia, entre as quenllas.
E o seu rumor chega ata Auria,
ós arredores de Viria ou Cambalán,
húmida tamén de enchentes e de ventos.

Xosé Lois Rúa, Elexías de Orfeo, novembro-decembro 2000, inédito
(Extraído do libro: Ourense, craro río, verde val; escolma de Marcos Valcárcel
Concello de Ourense, marzo 2001, páx. 130)

No hay comentarios:

Publicar un comentario