viernes, 18 de abril de 2014

A traballar nuns contos sobre a nenez ourensán

"Agora está a traballar -outra vez dunha arroutada de furia, que sempre parece que a obra en galego lle vén así- nuns contos sobre a nenez ourensán. Acaba de rematar os tres primeiros, quere que sexan seis, pero terán que agardar porque ten no obradoiro un encargo das "Publicaciones Universitarias" sobre O Siglo de Oro Español (Alberti fará a poesía, Casona o teatro e el un prefacio ao Siglo de Oro). É unha obra importante da que se tirarán cincuenta mil exemplares para empezar.

  Os contos en galego, Os biosbardos, sáenlle, segundo propias palabras "rarísimos". Non se parecen a nada, di, e aínda dubida se os sacará en galego, lingua na que naceron, ou en castelán. Primeiro quere rematalos, aproveitar a furia coa que escribe, pois "foi dun ataque de furia de onde saíran".

(...) Xuño (de 1962) tráelle dúas boas noticias editoriais: Destino, efectivamente,publicará, Los Miedos e manda en concepto de adianto oito mil pesetas. Pola súa banda, Galaxia, editará Os Biosbardos (aínda que en outubro EBA llos pida a Fernández del Riego para "retoques sen importancia")."

 Gonzalo Allegue, EBA Diante dun xuíz ausente, ed. Nigra, Vigo, 1993, páxs. 280-281

No hay comentarios:

Publicar un comentario