“Pero este home veu
prendido polos gardas desde Castela e negando ser quen era. E foi entrar nos
lindes galegos e vir cara a nós e confesar o seu nome e recoñecer nove
asasinatos e máis aínda, acusouse de todas aquelas mortes que se lles apuxeran
aos lobos nos lugares que frecuentara el por aqueles tempos. E relatou sen
tremerlle a voz nin un só momento como dera morte a todas estas persoas, entre
criaturas e adultas, como enganou, roubou e se lucrou e todo o fixo baixo unha
maldición que lle daba forma física de lobo e que o organizaba nunha pequena
manda xunto con outros dous máis, tamén homes e tamén lobos. A súa
tranquilidade foi o máis agoniante, as horas que levou a indagatoria, as vistas
e o xuízo non lle moveron un só cabelo do seu sitio, en ningún intre se
incomodou.”
martes, 30 de julio de 2019
lunes, 29 de julio de 2019
Catro crimes máis
Será en agosto de
1852 en Verín cando Romasanta non negue xa a súa identidade, e ao tempo que
tampouco nega os asasinatos dos que é acusado, afirma ter cometido outros
catros crimes máis, en Vilariño de Conso e Viana do Bolo.
domingo, 28 de julio de 2019
Xa non pode coa mentira
“Levárono prendido
xa? Si, fixo declaración aquí e que a cousa non vai con el, pero vai para Verín
facer o acareo cos parentes das mulleres esas. Pois a sacarlle a pel, a iso vai
a Verín, a que lla poñan a secar nunha vara no alto do castelo tal como se fose
unha bandeira. E era quen dicía ser ou quen dicían que era? Pois ser é; é un
galego de por Allariz que din que tiña tenda e traficaba mercadorías e
quincalla, pero mira ti vaia negocios que facía entre os vivos e as mortas. O
Sacaúntos, disque era, o home da graxa. Era pouco sacarlle a graxa despois de
sacarlle a pel. Era pouco facerlle o que lles fixo ás miñas pobres. Pois a
saber o que sería, que aparecer, só lles apareceu a roupa.
Entre o barullo da xente aínda se din boas
verdades, o resto é palla da que quenta e adorna. A boca da xente anda quente e
remexida e fan de xuíces e ao Canicha culpable de cousas horrorosas. Vai o reo
camiño de Verín e da xurisdición legal das terras de Galiza que lle
corresponden. Alí apóñenselle terribles crimes de sangue. A primeira
indagatoria é en terras galegas e alí o atrapado Manuel vénse abaixo, xa non
pode coa mentira.”
sábado, 27 de julio de 2019
O proceso xudicial
O proceso
xudicial contra Manuel Blanco Romasanta podemos dividilo en dúas fases:
a) unha primeira na provincia de Ourense, entre o
8 de agosto de 1852 cando comezan oficialmente as indagacións en Verín e o 6 de
abril de 1853 coa sentenza do Xulgado de Primeira Instancia de Allariz.
b) a segunda fase será na cidade da Coruña entre
o 7 de maio de 1853 cando entra a sentenza de Allariz na Audiencia da Coruña e
o 13 de maio de 1854 cando a raíña conmute a pena capital pola cadea perpetua.
viernes, 26 de julio de 2019
Toledo (III)
Os dous acusados
serán trasladados ante o xuíz de Escalona.
Son conducidos pola garda civil, policía rural creada no ano 1844.
Pasarán a noite no cárcere de Escalona. Ao día seguinte mantén a mesma versión,
aínda que recoñecendo que a documentación a nome de Manuel Blanco corresponde a
un primo seu.
Despois de falar
con distintas testemuñas que os frecuentaran durante eses meses deixa en liberdade a Manuel García, ao tempo,
o 8 de agosto de 1852, require ao Alcalde de Laza que busque información sobre
o tal Romasanta e sobre o paradoiro das persoas desaparecidas, e decide pór ao
tal Antón Gómez a disposición do xuíz de Verín, partido xudicial ao que
pertence Montederramo, suposto lugar de nacemento do preso. A condución ata
Verín efectúase con extrema vixiancia. Remite o expediente de 56 follas.
jueves, 25 de julio de 2019
Cando prende a luz para ir avanzando
“Son Manuel Blanco
Romasanta, veciño da aldea do Regueiro de Esgos, partido xudicial de Allariz.
Teño corenta e tres anos e son tendeiro e son viúvo. Non teño fillos, nin
terras, nin propiedade ninguha, nin ninguén que me valla. Teño o que levo posto
e o que xantei onte e un petiño de pel onde van as miñas cartas, as receitas que
sei facer, os poemas que me dan gusto e letras de amor de dúas cantigas, un
pasaporte falso e o calendario da lúa, porque veño do campo e vou polos camiños
e preciso saber cando prende a luz para ir avanzando.”
miércoles, 24 de julio de 2019
Carta dirixida a Manuel Blanco
·
unha carta dirixida a Manuel
Blanco en nome do seu pai e asinada por Miguel de Prol en agosto de 1843;
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia
y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012.
|
·
unha carta de Antonio Blanco aos
seus pais datada en Madrid a 13 de abril de 1850, (o seu irmán Antonio
desertara do exército e presentárase en Madrid volvendo a casa en menos dun
ano)
·
e
o documento de compra dos bens de Antonia Rúa.
martes, 23 de julio de 2019
Carta de Catalina
lunes, 22 de julio de 2019
Bula de la Santa Cruzada
·
un repertorio ou diario lunar
europeo de 1852, é dicir, un calendario, en portugués, no que se especifican os
santos e festas de cada día do ano;
·
unha bula da Santa Cruzada do ano
51 a nome de Manuel Blanco (el, que se identifica como Antonio Gómez, dirá que
era dun primo seu, que compartindo uns días casa levouna sen darse conta).
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia
y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012.
|
domingo, 21 de julio de 2019
Cartas de amor
sábado, 20 de julio de 2019
Toledo (II): pasaporte.
Non dubidou o
Alcalde en proceder a detelo, xunto a Manuel García, un compañeiro de sega dos
últimos meses. El insiste en identificarse como Antón Gómez. Na súa carteira
atópanse os seguintes papeis:
·
o pasaporte expedido polo alcalde
de Vilariño de Couso a nome de Antón Gómez,
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. |
viernes, 19 de julio de 2019
O pano
“Tan axiña como vin
a Martín Prado recoñecino e souben que fora a el a quen eu lle vendera un pano
de cores, esvaídos e estraños, que fora dunha de Castro de Laza á que eu lle
dera pasaporte ó pé dunha silveira que lucía as súas amoras aínda coloradas
baixo o sol de xullo. Pero non me resultou difícil aparentar que non a vira na
miña vida. Foi o único que me foi dado facer, disimular, cando xa era imposible
darme á fuga.
Tiña razón Martín Prado. Cando a súa muller, á
que tamén recordo, Valentina Rodríguez chámase ou chamábase, puxo o maldito
pano conseguiu que alguén o recoñecese. Foi unha imprudencia pola miña parte
venderllo a alguén de tan cerca, pero como ía eu sabelo, estando onde
estabamos.”
jueves, 18 de julio de 2019
Besbellando antes. Moito.
“Non me resulta
difícil imaxina-los meus tres paisanos ocupados en me denunciar dediante do
alcalde de Nombela. Podo velos besbellando antes, entre eles, mentres manteñen
dobrados os seus corpos enriba do trigo alto, antes de humillalos sobre o suco
enxoito para acadar coas súas mans zurdas os pés das espigas e apreixalos nun
feixe que han erguer do chan en medio de estrepitosos alasares e baixo un sol,
baixo unha luz, allea, de tan forte, ós seus ollos e mais tamén ós meus. Podo
velos pola noite, encolleitos sobre o chan e ó amparo das súas mantas, falando
dos pros e dos contras que a súa acción de denuncia poida depararlles. Moito
tiveron que falar antes de se decidir a ela. Moito.”
miércoles, 17 de julio de 2019
Para me denunciar
“A miña historia
comeza a ser realmente coñecida a partir do día 2 de xullo do 1852, non antes,
e nunca esquencerei os nomes de Matín Prado, Marcos Gómez e Xosé Rodríguez,
pois foron eles quen se presentaron diante do alcalde de Nombela, cerca de
Escalona, na remota provincia castelá de Toledo, para me denunciar.”
martes, 16 de julio de 2019
A fame dos lobos
“Din xentes de
Nombela que xa o prenderon, que non puido escapar da trampa que lle puxeran.
Era pouco esfolalo e facerlle o mesmiño que lle fixo a esas pobres mulleres,
que cantas din que eran, sete? Esas que
se saiba, seguro que haberá outras que quedan caladas e non se sabe delas. A
fame dos lobos é vella e eles mesmos viven tanto tempo como os humanos, desde
que deixan a teta comen asasinando.”
lunes, 15 de julio de 2019
Uno que en su tierra es tenido por criminal en alto grado
“uno que en su
tierra es tenido por criminal en alto grado; (...) que sabían que el tal
gallego, que así se llamaba Manuel, tenia aterrorizada aquella comarca, con la
muerte de dichas personas; á las cuales, despues de asesinarlas, tenia la
crueldad de sacarlas el sebo, ó unto, que pasaba á vender á Portugal con un
lucro escesivo: Que tambien despues que ejecutaba los asesinatos, tomaba las
llaves de las casas respectivas, de las que estraia y robaba las ropas y alhajas
que le convenian, vendiendolas en distintos pueblos...”
domingo, 14 de julio de 2019
Toledo (I)
Pouco durou a súa
estancia en terras lonxe de Galicia, xa que se en febreiro de 1852 iniciaba a
súa fuxida, non pasarían máis de seis meses ata que retornara a Verín, preso
e identificado.
A seguinte
noticia que temos de Romasanta baixo a identidade de Antón Gómez é no mes de
xullo de 1852 en Nombela, provincia de Toledo, onde anda a traballar na sega,
ao igual que outros moitos galegos no verán. Parece ser que os meses previos
andou de chatoleiro (a cravar chatolas
nos zapatos), segundo el mesmo confesa. Será precisamente o día 2 cando tres
veciños de Verín (Martín Prado, de Vilameá-Laza; Marcos Gómez, de Tamicelas; e
José Rodríguez, de Laza), que o coñecen de sobra, e que saben das sospeitas que
recaen sobre el na súa terra, o recoñezan.
Xosé Ramón Mariño
Ferro explícanos como era a vida dos segadores daquela: “Os segadores levaban
varias fouces e dedais –unhas pezas de coiro ou madeira que se colocan nos
dedos para protexelos do fío do fouciño-. Traballaban de sol a sol, e durmían,
ben na palleira do amo, se a casa non distaba moito da leira, ou ben á
intemperie, sobre un colchón improvisado de palla e cubertos cunha manta. Se
traballaban a seco, preparábanse a comida; se traballaban a mantido, que era o
acostumado, os amos ofrecíanlles, por exemplo, unhas sopas de allo, unhas copas
de augardente e un pouco de pan, ao almorzo, e ao xantar, ademais de pan e
viño, un cocido con garvanzos, touciño e chourizos”.
O mesmo Martín
Prado lle comprara un pano das irmás García Blanco para a súa esposa facía un
tempo. Arredor das dez da noite daquel día presentarán denuncia ante o Alcalde
de Nombela pertencente ao partido xudicial de Escalona.
sábado, 13 de julio de 2019
A Fuxida (III)
Así consegue que
se lle perda a pista a Manuel Blanco Romasanta, a quen andaban a perseguir por
Galicia, ao tempo que consegue fuxir cara
Castela cunha nova identidade que lle permita iniciar, outra vez, unha
nova vida.
viernes, 12 de julio de 2019
Antonio Gómez, un ninguén
“Foi así,
permanecendo de criado durante medio ano, como obtiven un pasaporte baixo ese
nome falso, baixo o nome de Antonio Gómez, un ninguén. Conseguino doadamente,
facéndome pasar por natural dese lugar, unha aldea veciña á miña de Esgos, o
que me permitía falar dela con coñecemento e propiedade, tamén con soltura,
referirme a xentes e a leiras, a montes e a camiños, a fontes e regueiros con
coñecemento certo e nada dubitativo, mesmo simular un ano máis de idade da que
tiña daquela, é dicir, corenta e tres, ser viúvo sen fillos, o que me daba
certa respectabilidade, e ocuparme no oficio de cravador de tacholas para os
zocos, para o que me desprazaba por Castela, e de aí a causa da miña ausencia.
O pasaporte déramo o alcalde de Viana do Bolo.”
jueves, 11 de julio de 2019
Autoridades, tropa y guardia civil
“que perseguido
dicho Manuel por las autoridades, tropa y guardia civil, abandonó aquel pais
poco antes de carnaval: Que tenia noticia de que usaba el supuesto nombre de
Antonio, lo cual se podría ver por el pasaporte...”
miércoles, 10 de julio de 2019
A Fuxida (II)
Ata Nadal
permanece en Figueiredo, pero por estas datas, descoñécense os motivos, irá a
Golpellás (Paderne de Allariz) a casa da súa coñecida Xoana Mangana, onde pasara
unhas semanas facendo vida normal, pese a que ata alí tamén chegaron os rumores
do “home do unto”. De camiño aínda pasará unha noite na fonda de Fontedoso onde
non hai tanto estivo con “Surtú”. Estas
novas chegarán aos familiares das García Blanco que irán denuncialo a Vilar de
Barrio. Uns carabineiros irán ata
Golpellás na súa procura, pero cando chegan o Canicha xa tiña fuxido de
novo.
Definitivamente
intenta fuxir cara Castela. Fará parada en Vilariño de Conso para facerse cun
pasaporte a partir da documentación falsa na que se fai pasar por Antón Gómez.
O alcalde desconfía e pídelle aval a algún veciño que o coñeza. O 7 de febreiro
de 1852 pasará a noite en Castiñeira (Vilariño de Conso), onde consegue durmir
na casa dun tal Domingos Alonso, a quen convencera para que ao día seguinte o
avale diante do alcalde de Vilariño de Conso (partido xudicial de Viana do
Bolo). Tamén solicitan o pasaporte o seu fillo, Xosé Alonso, e un veciño, Simón
Branco, que deciden acompañalo na viaxe as terras de Castela. O día 8 conseguen
a documentación e o día 9 emprenden viaxe os tres xuntos. Na súa documentación
figura como profesión a de “cedacero” (peneireiro), e veciño de Nogueira
(Montederramo).
martes, 9 de julio de 2019
Terra e nome de por medio
“Puxera terra e
nome de por medio, pois tamén se me antollara necesario agacha-lo meu
verdadeiro e acollerme a outro, ó de Antonio Gómez, logo de termo gañado
permanecendo agachado baixo o seu abeiro, traballando de criado, durante seis
meses, nunha aldea veciña de Montederramo. Había tempo que desconfiaba da miña
seguridade e que me sentía acosado.”
lunes, 8 de julio de 2019
O Canicha de Esgos
“-Di que se chama
Antón Gómez e que é de Montederramo pero corpo e cara así non hai dous na mesma
vida. Ese é o Canicha de Esgos, o Tendeiro. Polas portas do ceo que se abran
agora mesmo e me caia sandiós na
cabeza se non é el.”
domingo, 7 de julio de 2019
A Fuxida (I)
No mes de outubro
Manuel Blanco Romasanta decide fuxir de novo das terras que habita. Será a
principios de outubro de 1851 cando abandone Rebordechao con intencións de ir
cara Castela, aínda que tardará catro meses en acadar o seu obxectivo, xa que
non será ata febreiro de 1852 cando consiga marchar de Galicia.
Neses días de
outubro en que tenta marchar chegará ata o Montefurado, onde o 10 de outubro
coñece a Luís Mondelo, afiador de trinta anos que retorna de Castela, quen lle
comenta que é necesario o pasaporte para ir a aquelas terras. Romasanta, que se
di chamar Antón Gómez, dille que recentemente acaban de roubarlle a carteira co
seu pasaporte polo que terá que esperar para marchar. Ante a chegada do inverno
lle solicita a Luís Mondelo que o acolla na súa casa, que lle pagará e que
traballará ao xornal mentres. En Figueiredo, na parroquia de Piñeira (anexo de
Peites), en Ribas de Sil, pasará estes meses. Alí adoptará a súa rutina de
sempre: botara unha man na recollida da castaña, fará labores de xastre e
fiará, asistirá a misa... un comportamento correcto. Mentres, matina como sacar
o pasaporte xa que era necesario solicitalo no concello onde un nacera. Por
Esgos prefire non achegarse polo que falsifica un certificado a favor dun tal
Antón Gómez, natural de Montederramo. Nel un falso alcalde de Montederramo, de
nome Juan Francisco Rodríguez, e o seu secretario, Domingo Enriquez, con data 6
de decembro de 1851, expresan que non habendo no pobo impresos para o pasaporte
fai este certificado para que lle serva ata a primeira poboación onde poida
facer un oficial.
sábado, 6 de julio de 2019
El del unto
“y que tiene
entendido que vulgarmente se le llama el del unto; pero es cierto que las
muertes que ejecutó fué arrastrado del mal de que deja dado razón, y no con el
objeto de estraer la grasa de las personas difuntas.”
viernes, 5 de julio de 2019
O cheiro da graxa humana
“Tiña en mente
facelo antes de pasar de novo a Chaves, onde adoito desfacerme da miña
mercancía máis comprometida, o unto, a graxa das miñas vítimas, coa que no país
veciño fan xabón, pero tamén apócemas e ungüentos que eu, xúroo, endexamais me
aplicaría. Tanto acaba por me farta-lo seu cheiro, o cheiro da graxa humana.”
jueves, 4 de julio de 2019
Gris cinza, amarelo unto, vermello sangue
“E no camiño de
entrada a Portugal hai, moi pretiño da entrada de Chaves vindo desta serra,
unhas boticas nas que se custodian, en frasco alto e opaco, remedios para os
males todos. Hai que saber que contrasinal dicir cando se peta tres veces na
porta traseira, xa mediada a noite, todo escuro, e un ollo pregunta quen vai
desde o outro lado. Alí venden apócemas para males de cabeza e do corpo,
unturas para o espírito, tónicos e tinturas que poderían arranxar doenzas
profundas con só empapar apósitos e deixalos pegados á pel. (...) Pasadas as
doce, toc toc toc e quen esperta as ánimas?, e dicir o nome secreto, ábrese un
rocho moi escuro e de moita contención. Un cheiro inmundo. Estes boticarios
venden, pero tamén mercan. O delito non é este contrabando senón que está na
mercadoría. Todo é gris cinza, amarelo unto, vermello sangue.”
miércoles, 3 de julio de 2019
O unto
“Principiaron a decir qu´o Manuel Blanco levaba âs
mulleres engañadas, qu-as metía na serra, matábaas e sacáballes o unto pra ilo
vender âs boticas de Portugal onde llo pagaban a peso d´ouro”.
martes, 2 de julio de 2019
O rumor
Con todo isto, e
ante os constantes viaxes de Romasanta a Portugal empezouse a estender a rumor
de que matara a todas as persoas as que acompañara na partida e das que pouco
se sabía, e que lles extraera a graxa para vendela no país veciño, xa que por
aquela estaba en auxe a súa compra para ser aplicada en certos medicamentos
populares e en produtos cosméticos. E seica se pagaba moi ben por ela,
especialmente no mercado negro se era graxa humana. Falábase dunha onza de ouro
por cada onza de unto. De aí que comece a coñecerse a Manuel Blanco Romasanta
co alcume de “o home do unto” ou “o sacamanteigas”.
lunes, 1 de julio de 2019
O cárcere de Allariz
“O cárcere de
Allariz está no edificio que foi sede do Colexio da Asunción, rexido polos
xesuítas, e ninguén me asegura a min que non me tiveran preso na mesma estancia
na que acaso purgara algún castigo o Padre Feixoo, que estudou nel até os catorce anos da súa idade. Acaso fose
por unha mala tradución de Virxilio, dun verso da Eneida que se lle atragoara, ou dunha redacción que se insinuase
herética, pois á fin e ó cabo era ilustrado, Deus o confunda tamén a el...”
Máis sospeitas
·
Cando lle requirían detalles
daquelas terras amosábase impreciso e procuraba evitar demasiados detalles.
·
Un primo de Blanco recordoulle un
día ao cura Pedro Cid as sospeitas que había sobre Romasanta a conto da morte
do alguacil de León.
·
En marzo do 51 o frustrado intento
de viaxe dun home coñecido como “Surtú” indica a desconfianza que xa había.
Unha vez cancelada a viaxe en Montederramo Romasanta dille a este que partira
cara a pousada de Fontedoso que alí lle aparecería el. Ao non aparecer, Surtú
tivo que ir a buscalo a Mazaira dende onde fixeron xuntos o camiño de regreso.
En todo momento Surtú o fixo camiñar diante para non perderlle a pista nin un
momento pois xa desconfiaba de el.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)