"Acoredeime de tía Mercedes, cando se entregaba ao coidado das súas bonecas de porcelana e se empeñaba en vestir cun aire xuvenil que a transformaba nunha máscara estrafalaria, sacando dos baúis e das cómodas aquela roupa de colores vivas que a criada Susa gardaba entre naftalinas, por mandato dela, no cuarto do limoeiro, e que cando tía Mercedes se decidía a usala, enchía a casa dun arrecendo como aquel que eu estaba percibindo naquel momento, igual que se levase con ela, dun lado para outro, umha restra de lembranzas colgada da cintura por un lazo de seda, exactamente como a cola dunha noiva arrastrándose pola alfombra vermella e raída da catedral."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011. Páx. 25.
No hay comentarios:
Publicar un comentario