"A imaxe que viña á cabeza aquela noite, esperta pola calor na desorde pegañenta da cama, era a dunha mañá clara, algo fresca a aquelas horas, alá no alto, co sol aínda acochado detrás dos penedos do Montealegre e as últimas estrelas brillando sen forza na limpeza esvaída do ceo. As voces, como un rumor de rezos, ían e viñan, dispoñendo os últimos detalles."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 268.
No hay comentarios:
Publicar un comentario