"De súpeto, todos os veráns que pasaramos xuntos desde nenos na casa de Beiro, naquelas vacacións onde o sol constituía o regalo máis fermoso daqueles días felices, adquiriron a aparencia fantasmal dunha realidade debuxada entre nubes, como aqueles cadros esvaecidos que pintaba papá e que mamá atribuía dun xeito irónico, non a unha técnica consciente, senón a un defecto de visión."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011. Páx. 40.
No hay comentarios:
Publicar un comentario