"O home saca unha pistola do peto da zamarra, colócalla na parte de atrás, á altura da caluga, e dispáralle un tiro. Despois, sen mirar para el, segue o camiño dos demais. O que queda no sillón é un corpo encollido, dobrado sobre os xeonllos. Visto desde a outra beira da rúa, desde a parte de aquí do ventanal, parece un corpo insignificante, un pequeno vulto de carne non meirande que un can. Nese instante, Mariana abrázase a el e empeza a chorar."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 270-271.
No hay comentarios:
Publicar un comentario