"Podía adiviñar cómo sería aquel transo, pois xa vivira unha experiencia parecida no verán de 1966, cando morreu tía Mercedes, que pasaba un tempada con Arturo e comigo na casa de Beiro. Coa morte de Carlos, polo tanto, eu podía imaxinar a viaxe que tiñamos que facer de novo ata a cidade. Esperaba que Arturo non quedase calado mentres conducía o coche, igual que fixera a vez anterior, pero tampouco me agradaba a idea de que me falase de Carlos."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011. Páx. 24.
No hay comentarios:
Publicar un comentario