""Desde logo, tía Mercedes parecía o Anxo Exterminador", díxome Carlos no coche, a véspera da súa morte, cando dobramos a curva da Fontemoura, aquel bosque onde o criado Anselmo dicía que cando el era neno, un día de chuvia e tronos, caera do ceo un home espido, de carnes brancas como a manteiga dun porco. "¿Recordas a historia do home chovido do ceo?", preguntoume Carlos."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011. Páx. 61.
No hay comentarios:
Publicar un comentario