"Entón ela apurou o paso, torceu á dereita e meteuse pola rúa Arcediagos.
Aquela noite, coa calor convertida nun bochorno que penetraba nos pulmóns coma unha bóla de lume, ela non puido durrmir. Imaxinaba a Antonio Salgado París metido nun cuarto despintado no cuartel de San Francisco, coas táboas do piso rotas en varios sitios e con buracos por onde medraban herbas, o mesmo cuarto no que ela xogara tantas veces de nena coa filla do capitán Basalo, que lle contaba que naquel lugar tiveran preso ó Chino Xaponés a noite antes de que o fusilasen contra a parede branca que separaba o patio traseiro do cuartel do cimeterio que estaba ó lado."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 265-266.
No hay comentarios:
Publicar un comentario