"...ou no Carlos dos últimos anos, novamente divertido como cando era neno, ás veces un pouco desconcertante e enigmático, sempre alegre e contento, que nos veráns pasaba horas falando comigo polas noites, sentados os dous na solaina aberta desta casa de Beiro, onde estou agora. Desde hai uns días, cando a miña nai regresou á súa casa, abaixo na cidade, despois do enterro, e unhas horas antes tivemos unha longa conversa as dúas soas pechadas nesta biblioteca (...) Carlos pasou a converterse no grande interrogante da miña vida."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011. Páx. 13.
No hay comentarios:
Publicar un comentario