"E, coa mesma, acordei disfrutar algo do Santiago. Empecei por pasear entre a multitude da esplanada da Estación, que danzaba ó son da "Bellas Farto". Despois, cando os músicos pousaron os instrumentos, baixei en volandas co xentío pola Avenida das Caldas. Á altura da igrexa parroquial, había outro palco no que, cubertos de sombreiros mariachi, os profesores da "Orquestra La Florida" atacaban rancheiras. A corrente humana represouse mentres durou a actuación, e rebordou de novo Avenida abaixo, ata encorar fronte ós "Chicos del Jazz", que amenizaban o baile xunto ó Parque Infantil."
Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.47-48
No hay comentarios:
Publicar un comentario