"...os seus país baixaran da parte de Lugo non había tanto. Labregos pobres expulsados pola mellora. O pai mercou unha casopa pequena e empezou a gañar a vida cavando as cepas dos contornos do barrio, e abrindo pozos -ó arrabaldo non chegaba a traída-, ata que o empregaron no servicio de lixo do Concello. (...)
Despois, comenzou a viaxar en haiga e xa nada se soubo das súas ocupacións. Na chabasqueira non paraba, e tampouco se lle vía polas rúas da Ponte. Facía vida da outra banda do río, no centro de Ourense."
Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.39-40
No hay comentarios:
Publicar un comentario