" Pedinlle unha toalla a Tina e funme dar un baño.
Un manantial de auga quente, dos que nacen na beira do río, fora aproveitado por un veciño emprendedor para montar un balneario doméstico, Unha toma de auga ilegal, cun motor Piva e unha bañeira de pedra, era todo o que necesitaba. E pedíache cinco pesos por dez minutos de baño.
Paguei vinte pesos, pero permancín coa auga ó pescozo ata que a pel se imitou á dunha pataca mirrada. Antes de que me saísen grelos, collín o andante da casa, disfrutando do paseo pola corredoira entre viñas e canavais, e do frescor da noitiña."
Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.58
No hay comentarios:
Publicar un comentario