""Non me mataches nin tirando ó quieto. Dánseche mellor as tendas de nabiña.
-Fala cos médicos de Toén que che fagan sitio no manicomio. Estás coma unha cabra.
-Carneiro ou cabra, como máis che guste, voute topeñar como non me digas onde estabas a mañá que atracaron o almacén das Caldas.
-Estaba durmindo na pensión. Que cho diga a patroa."
Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.70
No hay comentarios:
Publicar un comentario