"O Instituto Español de Emigración quedaba á dereita, saíndo pola estrada de Celanova, no barrio da Carballeira. (...) Ó regreso da Carballeira pasei pola comisaría para contar un conto. Tamén porque non quería volver á casa tan axiña. O vecindario sabería xa por Tina da miña viaxe a Suíza, e era de temer o desfile de visitas con chourizos e botellas para os familiares emigrados. A novidade do día era o atraco a un maiorista da Ponte. O almacenista que viñera de Sanabria, servía de todo, dende sementes a aixadas, ós labregos de Amoeiro, Coles e Vilamarín e, ó igual que os seus clientes, era reacio a soltar a carteira."
Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.59-60
No hay comentarios:
Publicar un comentario