"Nos últimos tempos saíra nos ecos de sociedade cando a súa xovencísima filla fora elixida Miss Ourense, polas festas do Corpus.
O paseo en coche non deu máis de si. Pasada a Ponte Vella e rebasada a estatua de Concepción Arenal, furguei nos oídos para comprobar as existencias de cera. Lamentei a falta duns tapóns de algodón.
O lengoreta ladraba polo tubo telefónico e convidoume a sentar."
Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.40
No hay comentarios:
Publicar un comentario