"Os dous rillotes recibiron permiso para retirarse, e fixérono a fume de carozo, felices de evitar o castigo que os agardaba en chegando á circunferencia, ó rombo e ó trapecio. (...)
-¿A filla de Cachafeiro era tamén deste gando?
-Maripi era unha nena difícil. O pai queríaa con loucura, pero o mimo levou á rapaza das Carmelitas ás Josefinas, despois ás Franciscanas e... por último rematou nas miñas mans.
-¿Consentida, eh?
-Moito. Aquilino naceu pobre e tivo un pai varrendeiro. Odiaba iso, e quixo facer da filla unha princesa, alonxada da necesidade e da inmundicia."
Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.50
No hay comentarios:
Publicar un comentario