"Ingresaran o cadáver no hospital e alí mesmo lle fixeran a autopsia. Por seguir remoendo no asunto e tamén por mollar a palabra -acababa de acordarme de que non tomara a copa de Soberano co café, para festexar o Patrón-, foi polo que deixei o coche aparcado e me dirixín a pé ás Lagunas. Bebín e non perdoei a faria nun bar de Cardenal Quevedo, de camiño á morgue. Preguntei polo galeno e introducíronme nunha sala que alcatreaba a desinfectante. Alí choquei a man dun señor de canas e olleiras cor bagazao. Retireina cun chisco de apuro, e el notouno."
Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.41-42
No hay comentarios:
Publicar un comentario