"Dicíase polo barrio que sacaba un sobresoldo coas tenaces, despois dos enterros, cando o cemiterio ficaba solitario e os mortos indefensos.
Á volta, pasando por diante da tasca do Raposo, entroume a curiosidade acerca do raio dos licores. Parei e uninme ós barrullantes do mostrador.
-Posme unha copiña de herbas. ¿Non terás unha botella do Cachafeiro? Disque a facía moi ben. (...)
Algúns veciños encontrábano presumido, anque todos ponderaron o seu licor café e a súa augardente. Pedinlle tres botellas de cada, que me envolveu nun exemplar vello de A Zarpa, e deixei a discusión nese punto."
Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.46
No hay comentarios:
Publicar un comentario