"-Denantes de nada son fillos de Deus, e despois, tamén da miña filla.
...que é a miña muller. E si a min me parez que os meus fillos teñen que ir á escola laica, non ten vostede porque irllo consultar a ise barallán que é o crego da Peroxa, ou á mula falsa do párroco da Conceución, que aínda onte me deu os bos días co seu sorriso de fariseu.
-¡Ouh!
-A ninguén, crego ou non, ten vostede que irlle pedir parecer do que sucede nista casa, e menos aínda a xente de sotana que só aconsellan pra a súa comenencia."
Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 180, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario