martes, 25 de noviembre de 2014

2014: Actos de homenaxe ao Padre Feijóo

1.676 (nacemento) - 1.764 (morte) - 1.876 (bicentenario nacemento) - 1.887 (inauguración da estatua en Ourense) - 1.964 (bicentenario da morte) - 2.014 (250 aniversario da súa morte)

Lembramos as actividades celebradas nestes meses en homenaxe ao Padre Feijóo:


EXPOSICIÓNS:

-"O ronsel dun sabio: 250 aniversario do pasamento do        P. Feijóo", dende o 26 de setembro ata finais de outubro de 2014. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela.  Exposición Virtual.

- "O Padre Feijóo: Cidadán libre da República Literaria", Centro Social AFundación. Praza Maior, Ourense. do 13 de outubro ao 30 de novembro de 2014.

- “O Padre Feijoo, a traza galega dun ilustrado universal”, Arquivo Histórico Provincial de Ourense, do 21 de outubro ao 5 de decembro de 2014.

CHARLAS
-Seminario: B.J. Feijoo. Renovador do pensamento da Ilustración no 250 aniversario do seu pasamento (1676-1764) Liceo de Ourense, xoves 9 de outubro de 2014. Organizado polo Consello da
Cultura Galega.  Escoita as ponencias


-Xosé Luis Méndez Ferrín: “O Padre Feijóo dende Ourense” nos Encontros Literarios do Liceo de Ourense. 6 de novembro de 2014.
-Tertulia organizada por La Región no plató de Telemiño Televisión. (Avelino Rodríguez González, Pablo Sánchez Ferro e Juan Luis Saco Cid.) 20 de setembro de 2014.

OUTROS
-Vídeo: As viaxes do Capitán Gardador: "O Padre Feijóo, o pensamento vivo dun ilustrado ourensano", do Arquivo Histórico Provincial de Ourense.

- Sello conmemorativo, presentado o 26 de setembro por a Sociedad Filatélica, Numismática e Vitofílica Miño de Ourense.

Ademais de diversos artigos na prensa, destacando os de Xosé Luis Méndez Ferrín na súa sección do sábado no Faro de Vigo, "No fondo dos espellos", onde publicou os seguintes artigos:

27/09/2014: “Feixóo en bronce”
7/10/2014: “Feixóo en familia”
11/10/2014: “Feixóo, no centro da polémica”
18/10/2014: “Feixóo e a manipulación publicitaria”
25/10/2014: “Polo regreso de Concepción Arenal”
1/11/2014: “Polo regreso do Padre Feixóo”
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario