viernes, 14 de noviembre de 2014

8 de setembro de 1887

Cunca recordo dos festexos de 1887
"Un dos acontecementos máis sinalados na historia da cidade de Ourense foi a inauguración da estatua do Padre Feijóo. Narran as crónicas que foi unha grande multitude de persoas as que acudiron á chamada da celebración, efecto que se vía multiplicado pola coincidencia nas datas coa concorrida romaría da Virxe dos Remedios. Esas mesmas informacións cifran nunhas 20.000 persoas os asistentes, número que podería parecer esaxerado para unha cidade como Ourense, que segundo o padrón municipal dese mesmo ano tiña 9.998 habitantes, mais a dia 8 de setembro contabilizábanse en 8.177 os viaxeiros chegados só en tren, para o que por certo a compañía ofreceu prezos reducidos. De forma que non é estraño que as hospedaxes estivesen cheas, os veciños habilitasen as súas casas e mesmo que moitos forasteiros se visen obrigados a durmir ao raso. En gran medida, este éxito foi debido ao programa de festexos que durante cinco días complementaron ao acto principal.

 Un dos atractivos da celebración era a variedade da programación que podía satisfacer o gusto dun amplo abano de persoas.. Certames científicos, literarios e musicais mesturábanse con exposición de gando, fogos artificiais, iluminacións artísticas ou bailes, ademais da animación musical de rúa."

"Festexos celebrados en Ourense con motivo da inauguración da estatua do Padre Feijóo en 1887", do Catálogo da exposición "O Padre Feijóo: Cidadán libre da República Literaria", páx. 204, Xunta de Galicia, celebrada en Ourense en outubro de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario