martes, 18 de noviembre de 2014

Unha nova praza

"A colocación da estatua significará a renovación urbana dunha das máis antigas entradas da cidade. Logo dos actos de colocación da primeira pedra do futuro monumento dedicado ao Padre Feijóo o Concello acordou a remodelación da denominada Praza de Isabel a Católica. Ademáis da razón primixenia existían outras de carácter simbólico que fundamentaban a actuación. Era un espazo situado entre o pazo do gobernador e Deputación Provincial, ó carón doutro edificio representativo da cidade como é o Seminario e Instituto no nacemento dunha nova rúa, a futura (ou actual) rúa do Paseo, na que o Concello está pondo os seus esforzos.

A corporación encoméndalle a formación dunha nova praza ao mestre de obras Emilio Meruéndano, quen en 7 de decembro dese ano presenta a memoria dos traballos cos seus obxectivos. Trátase de regularizar a praza, pechar cun muro a horta do Seminario e respectar as servidumes dos edificios que existían entón. O proxecto contemplaba a construcción dun xardín elíptico, circunvalado por un paseo -camiño de sete metros de ancho. Para conseguir un bo resultado debía buscarse un plano horizontal por medio do rebaixe do terreo na zona da rúa do Instituto e o terraplenado na zona de maior desnivel que era a de contacto coa denominada rúa de Esperanza.


(...) O 28 de xaneiro de 1877 adxudicouse a obra a Basilio Rodríguez pola cantidade de 8.800 pesetas (...) A obra quedou incompleta nesta primeira fase porque o Concello non expropiara as casas que existían no solar e en marzo de 1878 o contrastista decide paralizar a obra ao non poder continuala.

Nese mesmo ano comezan as dilixencias de expropiación que se executan en 1882 co derrubo. En 1878, o arquitecto Antonio Crespo redacta outro proxecto de reforma, coa configuración de praza que se observa no gravado  (o da entrada anteriro publicado na Ilustración española y americana, 1887), que se finaliza en 1884. "

"Inauguración do monumento erixido en Ourense na honra do Padre Feijóo", do Catálogo da exposición "O Padre Feijóo: Cidadán libre da República Literaria", páx. 210/212, Xunta de Galicia, celebrada en Ourense en outubro de 2014.

Imaxes: extraídas de internet (www.todocolección.net)


No hay comentarios:

Publicar un comentario