"Por medio dunha fotografía realizada no momento da inauguración da estatua, enviada á redacción da revista "La ilustración española y americana", realizouse este gravado que acompañaba a crónica publicada na mesma publicación. A imaxe, remitida por Pereiro Rey fora tomada polo fotógrafo Francisco Prieto. Este era natural de Ourense e prezábase nos anuncios da época de ser o primeiro en abrir un estudio fotográfico nesta cidade, establecemento denominado como "La luz universal", en realidade quizais o primeiro que se estableceu de forma fixa e empregou a iluminación artificial para o retrato fotográfico.
A imaxe recolle a expectación e a masiva afluencia de xente reunida para o acto, moita dela protexida con parasoles debido ao intenso sol que lucía. As crónicas da xornada recollen a expectación e emotividade con que se desenvolveu. É o caso do relatado por Pardo Bazán, que presente o día da inauguración, narra como algunhas das persoas asistentes se axeonllaban e recitaban un nosopai diante da estatua. Pola súa banda, García Ferreiro, nunha crónica para un xornal, recollía a destacada emoción dun dos presentes: "Un hombre lloraba en aquel momento al ver realizadas ilusiones perseguidas por él con enividiable constancia: D. Manuel Pereiro Rey, presidente de la Comisión del centenario".
(...) Xunto a este gravado que reproducía a fotografía publicábase outro cunha vista xeral da cidade, posiblemente dende o Salto do Can, que describía á perfección o estado urbano da cidade nese momento."
Imaxes tomadas da páxina de internet: http://www.canedo.eu
No hay comentarios:
Publicar un comentario