jueves, 20 de noviembre de 2014

Segundo centenario do nacemento

"Como representante de La Ilustración española y americana, Federico Guisasola asistiu aos actos en conmemoración do segundo centenario do nacemento do Padre Feijóo, tomando apuntes ao natural que posteriormente trasladaría ao gravado. Destes debuxos publicouse na revista o 30 de outubro (de 1876) este mosaico de imaxes que sintetizaba as funcións organizadas durante eses días. Anteriormente apareceran tamén o retrato do Padre Feijóo e o gravado no que se reproducía a casa de Casdemiro.

No gravado aparecen os seguintes elementos:
-Na parte superior o escudo de Ourense e os libros do Padre Feijóo,
-Debaixo a súa máscara funeraria, que se gardaba en Casdemiro,
-Na parte superior esquerda a bendición da primeira pedra, do que inicialmente sería un obelisco (idea orixinal antes da estatua), acto que se celebrou baixo a carpa ou quiosco -como era chamada no momento- instalada na Praza de Isabel a Católica, coroada por unha rotonda, suxeitada por columnas octogonales e adornada por bandeirolas xunto aos escudos das catro capitais galegas e os das cidades de Santiago, Ferrol, Vigo e Tui, pintados en prata e ouro. Inicialmente ía ter lugar ás 16h do día 8, pero finalmente tivo lugar o día 9, ás 12h.,
-Na parte supeiro dereita o Teatro Principal de Ourense, no que pode apreciarse a antiga configuración á italiana, alí para ás 8h do día 7 anunciábase un concerto,
-Na parte central do gravado unha ventá con parladoiro aberta á ribeira do Miño, remitindo á súa casa natal,
-Na esquerda inferior, a praza da Constitución (hoxe Praza Maior) onde pola noite do día nove ilumiaríase con espectáculos pirotécnicos e para rematar faríase unha demostración da luz eléctrica,
-Na dereita inferior a sede do xornal El Heraldo Gallego, que custeaba o certame de gaitas;
-ao que se alude na parte central inferior, celebrado no Xardín do Posío, ás 3 da tarde do día 9."

"Festexos celebrados en Ourense para conmemorar o segundo centenario do nacemento do Pade Feijóo", do Catálogo da exposición "O Padre Feijóo: Cidadán libre da República Literaria", páx. 183-185, Xunta de Galicia, celebrada en Ourense en outubro de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario