viernes, 21 de noviembre de 2014

A Esmorga: Transposicións

A.) Texto orixinal: A Esmorga, abril de 1959, novela en lingua galega de Eduardo Blanco-Amor. Publicada na editorial Citania, Bos Aires.

B.) Novela autotraducida ao castelán: La Parranda, setembro de 1960, de Eduardo Blanco-Amor. Publicada pola Compañía General Fabril Editora, Bos Aires.


A partir de A) e B) virán todas as transposicións seguintes:

1.) Parranda, película estreada o 17 de marzo de 1977 no cine Bulevar de Madrid, de Lotus Films, dirixida por Gonzalo Suárez, figurando como guionistas: Gonzalo Suárez e Eduardo Blanco-Amor.


   Esta transposición fílmica parte de dúas transposicións anteriores, en forma de guións cinematográficos:

  1.1.) La Parranda / La Esmorga, guión cinematográfico de Eduardo Blanco-Amor, no seu orixinal mecanográfado aparecen dúas datas: na primeira páxina, baixo o título pon: Ourense, 1971; e no final: 4 de agosto de 1967, 11:45h (Publicado no ano 1994 polo Centro Galego de Artes da Imaxe-Xunta de Galicia co título La Parranda e outros guións inéditos.


  1.2.) Parranda, guión cinematográfico de Gonzalo Suárez, no que se baseara a película, que parte do guión  de Blanco-Amor, ao que lle engade elementos inspirados nos relatos de Guy de Maupassant: "Une ruse" e "La question du latin".

(Parece ter existido outro guión do director de cine ourensán Eloy Lozano que antes de que se venderan os dereitos a Lotus Film estaba coa idea de rodar o filme)

2.) A Esmorga, representación teatral da compañía ourensana "Sarabela Teatro", dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda, estreada o 10 de febreiro de 1996; reposta novamente en 2009, co estreno no Auditorio de Ourense 0 18 de setembro; a partir da:
1996
2009

   2.1.) Adaptación teatral de Begoña Muñoz e Carlos Couceiro.

3.) A Esmorga, película, en galego,  estreada o 15 de novembro de 2014 no Auditorio de Ourense, e nos cines de toda Galicia o venres 21 de novembro, de Vía Láctea Films, dirixida por Ignacio Vilar, a partir do:


  3.1) Guión cinematográfico de  Ignacio Vilar e Carlos Asorey.


Ademais destas trasposicións podemos sinalar outras obras onde quizás sexa máis axeitado falar de influencia ou inspiración, que de trasvase textual dunha arte a outra. Pero consideramos que é aquí onde deben quedar recollidas:

    4.) A noite e as sombras, banda deseñada con guión de Carlos Rafael Ramos e deseños de Jaime Eizaguirre. En EBA 5.0, Ourense 2009, Difusora de Letras, Artes e ideas.

      5.) Cancións: a) "Canción do Cibrán" e "Ourense ao lonxe" de Manuel de Dios; para a representación teatral mencionada con anterioridade.
                            b) CD, incluído en  EBA 5.0, Ourense 2009, Difusora de Letras, Artes e ideas; coas seguintes canción e intérpretes: 1. "Romance novo d´A Esmorga" de Banda Ourensons, 2."A Esmorga" de Guezos, 3. "A fuxida" de Os Perqtores, 4. "Pasarrúas dos Graxos" de Gomes Mouro, 5. "Mazurca do Cachoupiño" de Sólidos Galicianos, 6. "Cinza de inverno" de Animales Domésticos, 7. "Andaina" da Banda Municipal de Ourense, 8. "A Esmorga" de Capela Madrigalista, 9. "O onte (triste amor)" de María do Ceo, 10. "Despois da chuvia" de Magritte, 11. "A rúa do perigo" de O Sonoro Maxín 12. "Chove, chove, chove" de Burgas Beat.


No hay comentarios:

Publicar un comentario