“El cabo Doroteo, además de recitar poesías, toca el arpa, los valses son
las piezas que mejor se le dan. A Manuel Blanco Romasanta, el sacaúntos que se
convertía en lobo y mataba a la gente a bocados, lo libró de morir en garrote
el médico chino, que no era ni médico ni chino sino hipnotizador e inglés, se
llamaba Mr. Philips y estaba de profesor de electrobiología en Argel; el médico
chino escribió una carta que armó gran revuelo al ministro de justicia español
y la reina doña Isabel II, al enterarse de los avances de la ciencia, indultó
al reo.”
miércoles, 18 de septiembre de 2019
El médico chino escribió una carta
martes, 17 de septiembre de 2019
A Coruña (IV)
Mr. Philips
manifestaba ser profesor da Universidade de Arxel, e ter sabido do caso de
Romasanta pola prensa madrileña, coñecedor
e practicante da “electrobioloxía”, coñecida actualmente como
hipnotismo. Parece tratarse de Joseph-Pierre Durand de Gros (1826-1900), médico
francés estudoso do hipnotismo, exiliado por motivos políticos en Gran Bretaña
e que tras regresar a Francia empregou este pseudónimo. Míster Philips,
mediante o cónsul de España en Arxel, manda unha carta ao ministro de Graza e
Xustiza na que analiza os lobishomes desde a electrobioloxía. A carta data do 3
de xullo de 1853, e nela fala de que o condenado poida padecer unha especie de
monomanía chamada “licantropía”. Adxunta varias sinaturas das testemuñas que
asistiron o 22 de xuño pasado no teatro de Arxel a unha sesión na que facía que
unha persoa normal actuase baixo a “influencia dos instintos irresistibles dun
lobo”. Polo tanto, segundo o doutor, todos somos susceptibles de experimentar a
influencia da electrobioloxía. Mr. Philips pretendía demostrar a existencia do
proceso contrario ao que el sometía ao público nos seus espectáculos. Demostrar
que había persoas que sufrían ese proceso froito da monomanía que padecían sen
necesidade de que interviñera un mediador.
No xornal Akhbar recóllese
toda a información sobre o caso Romasanta, tomado directamente dun xornal da
Coruña, ademais do espectáculo de Mr. Philips (nº 1822/1826).
Exemplar do xornal Akhbar.
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012.
lunes, 16 de septiembre de 2019
Eminente cidadán francés
“Señoría, desde a
Gobernación e a través do ministro de Graza e Xustiza e recomendado pola Súa
Maxestade, fannos chegar unha carta peticionaria dun tal doutor Philips.
Investigadas as fontes que dan credibilidade á
súa figura, resulta ser este doutor Philips un eminente cidadán francés que
tivo coñecemento do caso que nos ocupa polos diarios, que xa no resto de países
se fan eco das nosas eivas sociais, e expresa que quere poñer a disposición da
defensa deste Manuel Blanco Romasanta os seus métodos científicos de vangarda,
que non deixan de ser unha sorte de mesmerismo ao que el bautizou como
“electrobioloxía” ou, que é o mesmo, unha pseudociencia.”
domingo, 15 de septiembre de 2019
A Coruña (III)
O goberno da
raíña Isabel II, mediante Real Orde do 24 de xullo de 1853, remite á Audiencia da Coruña unha carta e uns
documentos recibidos polo Ministro de Xustiza e enviados por un tal Mr.
Philips, quen solicitaba se lle permitira examinar en persoa a Romasanta, pois
esperaba demostrar, mediante procedemento de hipnose, que padecía unha
monomanía (obsesión por unha determinada idea de xeito recorrente),
recomendando sexa estudada toda esta documentación antes de emitir sentenza, xa
que os estudos deste home pode influír no veredicto, e aportar novas visións á
ciencia.
Carta de Mr Philips.
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012.
sábado, 14 de septiembre de 2019
El hombre, el medio y el momento propicio
“Manuel Rúa
Figueroa, en su amplio alegato, considera puntos importantes en su defensa el
extravío mental, la inclinación hacia el crimen, la figurada transformación
impulsada por el vértigo, la defectuosa convivencia familiar, la rudeza de un
ambiente pernicioso, una grave carencia de moral, la valoración de una oscura
afección cerebral, y la falta de una absoluta frontera divisoria separadora de
locos y cuerdos. Por tanto, habríamos de considerar al hombre, el medio y el
momento propicio al desarrollo de sus desviaciones.”
viernes, 13 de septiembre de 2019
Solaz mortífero dos labrego
“O avogado defensor
culpa da imaxinaria mutación en lobo ás crenzas vulgares, sostidas por mil e
mil consellas e alimentadas polos romances, solaz mortífero dos labregos nas
longas veladas de inverno. “Teño na man – e móstrallos ao tribunal- dous deses
romances, que quizáis influiron no ánimo de Manuel Blanco, e teño tamén o que
relata o seu propio caso. Esas historias, unidas á ignorancia e á miseria,
alteraron sen dúbida a súa imaxinación, producindo esas ilusións que lle fan
verse executor involuntario de terríbeis asasinatos. Cre real canto leu ou
canto lle pasa pola imaxinación. É un caso –explica o avogado- do que os
médicos chaman síndrome sintomatolóxica.””
jueves, 12 de septiembre de 2019
A Coruña (II)
O 17 de xuño o
fiscal entrega o escrito de acusación, no que rebate os argumentos do avogado
defensor de Allariz. O 8 de xullo presenta o seu informe o avogado defensor.
Entre o 11 e o 13
de xullo celébrase a vista oral con gran concorrencia de público, tal e como
informa o xornal madrileño “El Faro Nacional” do 21 de xullo. Manuel Rúa Figueroa
le o seu informe no que eloxia o traballo do avogado defensor de Allariz, e
destaca que o procesado é unha vítima da
opinión pública quen o condenou desde o principio, e que a ausencia dos corpos
do delito ou a imposibilidade de demostrar que as supostas mulleres asasinadas
sufriran morte violenta non sustentan a culpabilidade. Alude ao feito de que en
moitas cidades de España existen múltiples mulleres sen empadroar. O fiscal cre
que o acusado matou polos cartos e as roupas das vítimas. Manuel Rúa insiste
nos problemas mentais do seu defendido, que o levou a asumir como vítimas dos
seus asasinatos a catro persoas que todo apunta foron realmente devoradas por
lobos. O feito de non terse atopado ningún cadáver foi máis contundente que a
propia confesión do acusado. O fiscal está convencido de que a historia da
“fada” que o transformou en lobo non é máis que unha andrómena para facerse
pasar por tolo. O avogado defensor non cre que sexa un farsante senón un
enfermo.
Resumindo, o
fiscal, apoiado nas declaracións das testemuñas e no informe dos médicos, ve en
Romasanta un criminal astuto que finxe estar chalado para librarse da pena de
morte; mentres que o avogado defensor non dubida de que padece un trastorno
grave e complexo, no que se mesturan a verdade e a mentira, e que require o
ditame de facultativos afeitos a tratar tolos.
miércoles, 11 de septiembre de 2019
Lo que no existe
“Me he ocupado en
el dia último de la declaracion de los facultativos de Allariz; y he hecho ver
en mi humilde sentir que su resultado es insostenible en el terreno de la
ciencia; que sus consecuencias están en abierta contradiccion con sus
antecedentes; y que la infalibilidad con que trató de revestirse esa
elucubracion erudita, es altamente ridícula. Creo haber probado que el buen sentido
y la sola razon basta para persuadir que el acusado es víctima de una
desorganizacion mental, que no pudo hasta ahora ser recta y desapasionadamente
apreciada.
La defensa, empero, de este desgraciado no
estriba solo, Señor, en su estado de estravío: á Manuel Blanco se le acusa de
lo que no existe; los crímenes porque se le hace cargo y de que él
voluntariamente se presenta reo son imaginarios; su confesion no puede darles
existencia; y sin hecho punible, es un contrasentido la pena. (...) En esta causa,
¿aparece justificado el cuerpo del delito?; ó lo que es igual, ¿constan que
hayan muerto violentamente las personas que se suponen asesinadas? Esta
pregunta es la que el Tribunal ha de resolver en su conciencia, antes de tomar
la pluma para decidir de la suerte del acusado.”
martes, 10 de septiembre de 2019
A Coruña (I)
A sentenza do
Xulgado de Allariz tiña que ser elevada a consulta ante a Audiencia da Coruña
para ver se ratificaba ou rectificaba a condena a morte do preso como autor de
nove homicidios.
Allariz remite a causa a Coruña.
O 7 de maio de
1853 entra a consulta a sentenza na Audiencia da Coruña.
![]() |
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012.
A defensa
procesal de Romasanta foi dirixida polo letrado Manuel Rúa Figueroa y Fraga,
quen anos despois de rematar o proceso elaboraría e publicaría unha ilustrativa
“Reseña” de toda a causa. Da acusación encargarase o fiscal Luciano da Bastida.
Retrato de Manuel Rúa Figueroa, pintado por
Dioniso Fierro.
Fonte: A causa contra
Manuel Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da
Coruña). Xunta de Galicia, 2014. páx. 28.
Rúa Figueroa naceu
en Compostela o 8 de marzo de 1811, estivo casado con Juan Porto-Mondragón, e
faleceu na mesma cidade en xullo de 1892.
lunes, 9 de septiembre de 2019
Fallo:
“Fallo: que
declarando á Manuel Blanco Romasanta (a) Tendero, reo de los nueve homicidios
que forman el primer cargo, con las circunstancias de haber sido ejecutadas las
muertes con alevosía y premeditacion conocida y como tal comprendido en el
artículo 333 del Código penal, con las agravantes de haber sido ejecutadas las
muertes en despoblado y haber intervenido abuso de confianza, comprendidas en
los números 9 y 15 artículo 10 de dicho Código, le debía de condenar y condeno
á la pena de muerte en garrote con imposicion de costas y gastos del juicio,
absolviéndole de la instancia respecto de los demás cargos que se le hicieron.”
domingo, 8 de septiembre de 2019
Allariz (IX): a sentenza
O 6 de abril de
1853 publícase a sentenza. É declarado culpable dos
nove homicidios que forman o primeiro cargo coas circunstancias de executar as
mortes con aleivosía e premeditación coñecida, e como tal comprendido no artigo
333 do Código Penal, coas agravantes de executar as mortes en despoboado e
intervir abuso de confianza, comprendidas nos números 9 e 15 artigo 10 do
devandito código, e condenado a pena de morte con garrote con imposición de
costas e gastos do xuízo, absolvéndoo da instancia respecto dos demais cargos
que se lle fixeron.
Sentenza do Xulgado de Allariz.
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia
y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012.
O Código Penal de
1848 recollía como primeira das penas “aflitivas” a de morte e acto seguido a
de cadea perpetua, reclusión perpetua... e dispoñía que aquela se executaría en
“garrote sobre tablado”,”de día y con publicidad...”.
O 9 de abril
léselle a sentenza ao acusado, entrégaselle copia e fáiselle saber que se eleva
en consulta a sentenza á sala terceira do Tribunal Superior da Coruña, por se
desexa nomear avogado e procurador. O condenado renuncia a ese dereito, polo
que serán nomeados de oficio. A causa remitida ao Tribunal Superior consta de
mil cento setenta e sete follas.
sábado, 7 de septiembre de 2019
No es la licantropía patrimonio exclusivo de los literatos
“-Pero no es la
licantropía patrimonio exclusivo de los literatos; no, señores. Ellos no
hicieron otra cosa que arrancar el tema de la realidad y trasplantarlo de la
historia a la poesía. Si del mundo brillante y atractivo de las letras
descendemos al más amargo y desolado de la crónica penal, no dejaremos de
encontrar frecuentes huellas de la licantropía. Por no ofender la ilustración
de la Sala con enumeraciones que le sonarían a repetición de lo ya sabido, me
limitaré a señalar algunos casos registrados en la Edad Moderna y en la
civilizada Europa: en 1574 juzga el Tribunal de Dôle al licántropo Gilles
Garnier, cuya historia es la misma de Benito Freire. Entre 1598 y 1600 se
produce una verdadera epidemia de licantropía en Saint Claude, región del Jura,
y entre los inculpados figura, por cierto, una mujer. Hacia 1600 hay un
licántropo en Westfalia, Carlos Billhens, de quien dice Martín del Río que
confesó tener pacto con el demonio. En
el mismo año vemos a Jean Grenier en Burdeos; este desgraciado, que apenas
contaba catorce años, se cubría con una piel de lobo para cometer sus
desaguisados y luego, en la prisión, devoraba crudas las entrañas de los
pescados y andaba a cuatro patas como una bestia. Otro proceso notable hubo en
Bensançon contra Pierre Burgot y Michel Verdun; decían que se convertían en
lobos y corrían por los montes con una ligereza increíble; luego volvían a ser
hombres y otra vez lobos y así alternaban las dos naturalezas, ni más ni menos
que como ha referido Benito Freire, y se ayuntaban con lobas con el mismo
placer que si fueran mujeres; Burgot confesó haber matado a una muchacha con
las patas y los dientes de lobo; y
viernes, 6 de septiembre de 2019
Allariz (VIII): acusación e defensa
ACUSACIÓN DO FISCAL
O 8 de marzo de
1853 o fiscal presenta a súa acusación. Solicita pena de morte en garrote coas
costas e gastos do xuízo, tendo presente o disposto no número primeiro e
circunstancias primeira e cuarta do artigo 333, e na segunda parte do artigo 70
do Código Penal vixente.
A DEFENSA
O 11 de marzo de
1853 léselle a acusación fiscal ao condenado no xulgado de Allariz. Ao non
nomear avogado nin procurador, ao día seguinte nomease de oficio como avogado a
Mariano Garrán e como procurador a Manuel María García. Ao ser considerado
pobre decídese sexa defendido no papel da súa clase ao non ter fondos para
asumir os gastos de papel e demais gastos de defensa.
O 23 de marzo
pídeselle a defensa que devolva a causa (máis de mil cen folios) ao xulgado. O
avogado defensor pide máis tempo xa que considera que os nove días dos que
dispuxo a documentación non foran suficientes para un caso tan complexo.
Concédenselle catro días máis.
Será o 29 de
marzo cando o avogado defensor, Mariano Garrán, presente o escrito de defensa.
Irá facendo alegacións a todas as acusacións. En relación aos asasinatos
conclúe que foron aumentando as acusacións en base a rumores, o que fixo que
cada vez foise maior a lenda en relación ao seu acusado. Por outra parte o
feito de que non apareceran os cadáveres considera que é proba suficiente para
non poder inculpalo, podendo ser múltiples as posibilidades arredor da desaparición
de todas esas persoas.
jueves, 5 de septiembre de 2019
Allariz (VII): os cargos
O 3 de febreiro
de 1853 o xuíz remata as investigacións e dille os cargos a Manuel Blanco
Romasanta:
1. Acusado de matar con aleivosía e premeditación a Manuela García, a súa
filla Petra e a María Rúa no monte da Redondela; a Benita García e ao seu fillo
Francisco no Corgo do Boi; a José Pazos e a súa nai Josefa García, a Antonia
Rúa e a súa filla Peregrina no bosque das Gorvias, todos lugares na Serra de
San Mamede.
2. Acusado de aproveitarse dos bens, roupas e cartos das vítimas.
3. Acusado de valerse dun certificado falso para solicitar pasaporte cunha
identidade falsa, Antón Gómez, e de ocultar o verdadeiro nome ante o alcalde de
Nombela e ante o xuíz de Escalona.
4. Acusado como sospeitoso de asasinar a Manuel Ferreiro, veciño de Xinzo
da Costa, cando ían xuntos cara Portugal, e de volver despois a súa casa para
beneficiarse da súa roupa.
5. Acusado de intento de asasinar a María García, a Luís García e a Manuel
Fernández, alias “Surtú”.
miércoles, 4 de septiembre de 2019
Allariz (VI)
O 10 de outubro o
xuíz de Allariz solicita aos de Verín e Trives lle remitan os expedientes do
caso.
O 28 de outubro o
xuíz de Allariz solicita un informe sobre a situación mental de Romasanta a seis
facultativos: José Lorenzo Suárez, Vicente María Feijóo, Demetrio Aldemira,
Manuel María Cid e os cirurxiáns Manuel Bouzas e Manuel González. O informe
será remitido o 26 de decembro dese 1852.
O informe non axudou nada
tecnicamente, aínda que si sería moi criticado posteriormente, ao trasladar o
caso A Coruña, xa que se considerou moi subxectivo e nada científico.
Informe dos facultativos.
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia
y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012.
Unha vez
comprobado que o preso carece de bens e propiedades o xuíz de Allariz dispón
que os gastos do proceso corran a cargo do fondo de presos pobres.
Este caso, só no
proceso xudicial de Allariz, supuxo uns
gastos elevados, que ascenderon a 12.580 reais. Foi tanta a expectación do caso
que por aqueles días pola vila de Allariz non deixaba de circular xente de todo
tipo e de múltiples lugares. Foi tal a fama do caso que a partir de aí
estendeuse o nome de “el hombre lobo de Allariz” para referirse a Manuel Blanco
Romasanta, nome que aínda é o máis estendido nos nosos días, especialmente fóra
de Galicia.
Múltiples serán
os aspectos que se irán abordando ao longo do proceso xudicial, moitos deles xa
desde o inicio:
·
os casos previos de Manuel
Ferreiro e do alguacil de León
·
os encubridores
·
a procura das mulleres ou dos
cadáveres
·
a procura das roupas e o diñeiro
das desaparecidas
·
as cartas
·
os posibles cómplices, don Genaro
e Antonio
·
o comercio de unto con Portugal
·
o ataque de lobos, ou lobishomes a
persoas
·
o estado mental do reo
lunes, 2 de septiembre de 2019
Agullas para afeltrar
“Para ocupar o seu
tempo pediu la grosa e roca de fiar, agullas para afeltrar, unha touca coa que
cubrir a cabeza. Puxéronlle diante un rosario de doas de pau de rosa, sabendo a
Oficialía do teimoso que era en rezar, pero el estendeu os dedos e nin o rozou,
como se estivese feito coas espiñas. Escolleu a roca, como a nena do conto. A porta
da súa cela estaba aberta para que saíse unha hora ao día, pero non o facía,
molestábanlle o sol cru e a música das voces rebotando contra os muros.
Anoxábano a xente, os ruídos, os cheiros.”
domingo, 1 de septiembre de 2019
Como animal e como ser humano
“En peores sitios
teño durmido, abofé. Como animal e como ser humano. Pero non lembro ter xamais
tal ataque de soidade como agora teño. Cando te afastan definitivamente, cando
te arredan do resto do mundo e che impiden a volta. Esta burbulla de silencio e
frío da que ninguén quere vir sacarte porque queren que esmorezas aí, que
morras no esquecemento e na pena. E ti contas os teus anos e fas un calculo dos
que quedan e de como mereces a morte. Esa gana de gabear polas propias veas en
busca dunha pequenísima lembranza de quen te quixo nalgún tempo, se o houbo; a
teta primeira, os brazos do pai, os xogos. Aí está Nela, metida nalgún lugar de
min e que vén buscarme.”
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






