“Acabei despezando
a Petronila e ciscando os seus restos nos lugares que tan ben coñezo, logo de
tantos anos de transitar por eles. Trátase de lugares, ocultos nas máis das
oportunidades, inaccesibles en non poucas delas, que son paso certo dos lobos
que se desprazan a través deles, tódalas noites, na procura dos seus
cazadeiros. Sabía que, ó ser encontrados por eles, os lobos farían desaparecer
os restos de Petra, devorándoos sen deixar apenas rastro. Logo continuei o meu
camiño. Debo recoñecer que unha vez máis me posuíu unha calma estraña.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario