“Espinme e, cando
me souben nu, con toda a calma escondín as miñas roupas embaixo dunhas xestas. Logo
descubrín unha lameira no medio do camiño e dirixinme a ela. Gustábame sentirme
espido. Non berraba, nin acenaba, limitándome a asexa-lo chan, até que
descubrín nel as pegadas dunhas pisadas que decontado souben testemuña do paso
dos dous lobos que se me apareceran non había moito. Nese momento sentinme
atraído cara á lameira e envorqueime
nela, deitándome de costas, antes de me virar a rebolos para que a lama aínda
húmida por causa da choiva dos últimos días fora recubrindo o meu corpo.
(...) Continuei enzoufándome na lama e nun dos
meus xiros pareceume ver como me outeaban os dous lobos dende había un anaco,
pero non lles fixen caso e continuei solazándome na lameira. Até que de súpeto
me vin correndo, lixeiro, desposuído de toda gravidade, a carón dos dous lobos.
Corrín con eles...”
No hay comentarios:
Publicar un comentario