Un xiro
desconcertante nas súas declaracións de Verín fará que se abra “causa” contra
el. O alcalde de Laza, Demetrio Opazo, foi o encargado de buscar algún dato das
desaparecidas, das que non puido obter ningunha información, nin rastros dos
seus corpos, polo que o 17 de agosto dese mesmo ano dá por rematadas as súas
investigacións. O 14 de agosto faise unha solicitude para que se publique no
Boletín Oficial de Santander un anuncio reclamando información sobre todos os
desaparecidos. Aparece no Boletín nº 112 do 20 de setembro de 1852. Chama a
atención que se solicite información tamén de Antonia e Peregrina xa que
Romasanta dixera que estas marcharan a Ourense, non a Santander.
Boletín Oficial de Santander.
Tamén na Gaceta do 11 de novembro dese mesmo ano
encargarase á xustiza do reino procuren indagar a residencia das persoas desaparecidas.
Toda a
documentación é remitida ao Gobernador Civil de Ourense quen insta a D.
Francisco Gómez, alcalde e xuíz de Allariz, a que tamén el inicie dilixencia
dese caso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario