“O lugar chámase
Corgo do Boi. Un corgo é unha fenda fonda, un tallo de terra polo que
ocasionalmente baixa a auga dun torrente, pero tamén unha pequena cavidade,
unha oquidade habida en calquera pedra na se almacenou a auga da choiva antes
de que se xeara e ó facelo fendese a rocha. O Corgo do Boi é exactamente unha
depresión pola que ás veces baixa, impetuosa, a auga dun torrente, tamén o paso
dos lobos oufanos, os máis feros da manda. Cando a auga baixa e copa a súa
parte máis fonda, o camiño máis estreito de todo o Corgo do Boi, os lobos
vadean este e logo crúzano, coa aparente e fráxil axilidade dos seus corpos,
non de todo esveltos, sempre de cuartos traseiros esvaradíos, sempre a cabeza
enorme, como se lles pesara, pero as patas veloces e donas dunha potencia
estraña, pois son elas as que lles permiten cruzar saltando, de pedra en pedra,
con aparente donidade.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario