O caso de Manuel
Blanco Romasanta segue a atraer os misterios en pleno século XXI. No ano 2009
unha Fundación americana, a Lycan Foundation, supostamente da Universidade de
Michigan, divulga mediante internet (http://sacamanteigas.blogspot.com/), facéndose eco da noticia a prensa, a noticia de ter atopados os
restos de dúas vítimas de Romasanta. Todo resultou un fraude. Os responsables
desta noticia non foron identificados, aínda que demostraron coñecer
perfectamente a historia do lobishome e os lugares polos que transcorreu a súa
historia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario