“Logo, coa testa
lixeiramente ladeada, nun baixo ton de voz, pero temesiña e cautelosamente,
como se coa miña actitude andara a agardar polo enmudecido eco que espertarían
as miñas palabras, afirmei que dende trece anos antes, é dicir, dende que me
botara ós camiños e até o día de san Pedro do 1852, por efecto da maldición
dalgún dos meus pais, que non sabería se sería dos meus pais, da miña sogra ou
se de alguén máis, quizais tamén polo feito de se-lo sétimo irmán varón dos nove
habidos polo meu pai, trouxera unha vida errante, cometendo diversos asasinatos
ós que non puiden nin souben subtraerme porque a maldición me compelía a
realizalos. ¡Como chorei confesando as miñas coitas! ¡Como me estremecín cando
afirmei que concluía as miñas fazañas alimentándome coa carne das miñas
vítimas!”
No hay comentarios:
Publicar un comentario