jueves, 15 de agosto de 2019

Allariz era unha pequena vila provinciana

“Allariz era unha pequena vila provinciana, dunhas catrocentas casas, construídas en pedra labrada, con planta baixa e andar. No pavimento das rúas, de pedra, deixaran pegada os cravos das lamias dos carros. Contaba con tres curtidoiros, seis tendas de alimentación, tres tendas de panos e de quincalla, tres confeiterías con toda clase de doces e en especial améndoas bañadas e anises, tres mesóns e doce tabernas. Ademais dos comerciantes, vivían vinte e un labradores, vinte e cinco xornaleiros, oito curtidores de peles, corenta zapateiros, dous chocolateiros, trece arrieiros e traficantes, quince carpinteiros, dez xastres, catro canteiros, catro ferreiros, varios panadeiros e barbeiros, vinte e un eclesiásticos, tres sancristáns, trece empregados públicos, sete avogados, tres médicos, dous cirurxiáns, tres albeites, dous mestres, dúas mestras, un pintor e dezasete pobres de solemnidade.”

   Mariño Ferro, Xosé Ramón. Manuel/a Branco Romasanta, o lobishome asasino. Ed. Nigratrea, Vigo-2007. Páxs. 82.

No hay comentarios:

Publicar un comentario