Naquela época os
procesos xudiciais non incluían vista oral con presenza de testemuñas nin
interrogatorios por parte da defensa e do acusador. Dirixidos só polo xuíz,
quen interrogaba ao acusado e decidía as testemuñas. Recollíase todo por
escrito, do que se encargaba un escribán que copiaba as preguntas e as
respostas dos presentes, e cada certo tempo, facía un resumo dos feitos máis
salientables. Cando o xuíz consideraba ter o material suficiente redactaba o
resumo final. Decidíase o día da vista oral, deixándolle previamente estudar o
material redactado tanto ao fiscal como ao avogado defensor para que
presentasen alegacións, tamén por escrito.
Neste caso, ao
principio traballan tres xuíces distintos, o de Verín, desde o 25 de agosto; o
de Allariz desde o 1 de setembro; e o de Pobra de Trives. En principio cada un
encargábase das testemuñas do seu partido xudicial, aínda que os tres
realizaron investigacións nas zonas dos outros.
Os xuíces dedican
varios meses a recoller testemuños dos familiares das vítimas e de todo o mundo
que tivo contacto con Romasanta, ademais de recoller información dos costumes e
hábitos do preso entre a xente próxima. Ademais solicítaselle a varios facultativos unha análise física e
moral detallada do procesado.
Romasanta foi
xulgado polo Código Penal de 1848 coas reformas introducidas en 1850. Doutra
banda a lexislación procesal recollíase na Novísima Recopilación, editada a
principios do século XIX e que tomaba como base as Sete Partidas medievais de
Alfonso X el Sabio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario